Datos biográficos:Aurelio Ramos Ogando é veciño do lugar da Alén, na parroquia de Xirazga, no concello de Beariz (Ourense) e é un magnífico contador.
É ben coñecido pola súa facilidade de palabra, o seu humor, a súa disposición e pos&u
... [+]
Datos biográficos:Aurelio Ramos Ogando é veciño do lugar da Alén, na parroquia de Xirazga, no concello de Beariz (Ourense) e é un magnífico contador.
É ben coñecido pola súa facilidade de palabra, o seu humor, a súa disposición e posúe distintos e notábeis talentos: tanto pode coller a gaita para animar unha festa como improvisar un discurso en verso ao xeito dos brindeiros.
Aurelio dá fe a través das súas narracións dos lugares onde os mouros deixaron as súas marcas e tesouros nos montes de Xirazga e arredores e sería quen de falar con eles coma un outro. Conserva a memoria intacta e conta de xeito sublime as historias e aventuras da xente da parroquia, dos que xa non están pero non se esquecen.
Foi galardoado pola AELG como Mestre da Memoria no ano 2021.
No acto, conducido por Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Xosé Manuel Varela Varela, quen fixo a laudatio de Teresa dos Cucos, e Calros Solla, quen leu a laudatio de Aurelio Ramos Ogando.
(Estas gravacións foron financiadas por CEDRO e a Deputación de Lugo)
[-]