Aurelio Ramos: Pepa a loba era de familias humildes non era de familias ladronas, non, ela fíxose porque lle causaron unha morte que ela non fixo e foi por eso que se meteu na cuadrilla, porque esto cara a Estrada ten que haber un pueblo con un nombre como hai aquí entre Carballiño e Barbantes, Barbantiños ou por aí, eee Ourantes non, Ourantes é acá enriba, Punxín tamén, Barbantes Barbantiños están no cruce no cruce saíndo de Carballiño pa Orense en baixo, eee como é , como é o nombre dese e ten que haber outro cara á Estrada que foi onde foi Pepa a loba mandado por unha compañeira do presidio.
Pepa a loba era unha rapaciña pois chamábanlle Pepa a loba e ela de loba non tiña nada, ela ghardaba o rebaño das ovellas do tío Juan d´alí e entonces un lobo foille o rebaño e naquel momento apareceu un can, un can perdido, e despois ela púxolle Lueiro, entre o can i ela tornaron o lobo das ovellas. Entonces mataron o lobo e a tía dela que se chamaba Dorinda, a tía Dorinda, dixo ela pois mira que podemos facer un bo diñeiro aquí inda pedíronlle o mismo tío Juan o burro prestado e montaron o lobo no burro e foron a pedir con el e fixeron unhas pesetiñas. E entonces foi por onde colleu Pepa a loba, Pepa a loba, Pepa do lobo, Pepa do lobo como, pero despois claro xa lle cerraban as portas porque xa era tanto pedire o lobo asi no cheiro que botaba non había quen o aguantaba e cerrábanlle as portas o ver a Pepa a loba co lobo no burro e despois aí acabouse xa o pedire.
Entonces había un taberneiro moi rico no pueblo, solo, viudo, sin familia e entonces a tía Dorinda era lista non era coma a nai de Pepiña, que se chamaba Dorinda, ui Felucha, Felucha e a irmá era Dorinda, pero a irmá Dorinda era rica e a Felucha era po, pobre, a nai de Pepa. Entonces a tía Dorinda tiña, a Pepiña seica cantaba moi ben e había un violinista cego que seica cantaba ben e tocaba ben o violín e a Pepiña salía así alghunha feira con ela e decía ela, o libro dice, que daba gusto ver como Pepiña a loba botaba aqueles peitos por diante a cantar para que visen os mozos, e entonces bah, foise ganando a vida, pero a tía Dorinda era lista e foise onde o taberneiro con Pepiña a loba e tiñan un retrato grande da nai do taberneiro enriba na sala e dícelle ela o taberneiro, vendía arados e todo, que non era taberna, comercio e máis taberna, bar, e dícelle: Oe, mira se esta rapaza non é idéntica o retrato que tes da túa nai enriba na sala. E dixo: Pero que me estás insinuando, Dorinda? Que é miña filla. Dixo: no, non che quero dicir o tanto, pero ti fíjate nunha e fíjate noutra. El que subeu enriba e que foi o retrato e dixo: Pois tes razón e será que, pois eu algunha vez fun alí, xunto a túa irmá, algunha vez fun carajo. Pois ti fíjate ben, fíjate ben. E meteulle aquela cousa na cabeza que despois fillou a filla, a rapaza. Pois fillouna.
Entonces un irmao del que era albeite, curandeiro, envidiou a rapaza e que fixo, como sabía ben os andares da casa, abreu de noite e co cuchillo que conocía o pueblo enteiro de cortar o pan no mostrador, que vendían pan a retallo, enteiro ou a retallo que se chama, en trozos a quilo, matou o irmao e entonces colleu o mandil da rapaza entoouno de sangre e tirouno no medio do pasillo, no medio da casa. E claro a rapaza durmindo, el fora alí pero el estuvera alí, estuvera alí de noite e meteulle un metílico no pote do caldo e comeu a rapaza e mailo patrón, o pai que despois chamáballe papá, e dormiron. O outro morreu sen se dar conta e a a rapaza pois non sentiu nada de noite e entonces levaron a rapaza presa, porque era co coitelo da casa, o mandil dela estaba ensangrentado, aparecera no medio do pasillo da casa, levaron a rapaza presa. E o outro sei que lle dera, o albeite aquel, que lle dera dous xamós o xuez pra que fose a favor del. Pero a rapaza non era parva, douse conta de todo e dixo non, aquí houbo trampa, ela foi presa. Saíu o xuízo en contra dela . E entonces levárona presa pero estando naa, en Pontevedra presa había unha prostituta de Moreira, que estaba presa tamén e entonces fixéronse moi amighas , e que fixo a Pepiña? A outra doulle os informes do bar das Mariposas, na Moreira, en Pontevedra, tú vas alí e tú petas así coa mao no brazo izquierdo, e entonces a outra xa che vai atender, a dueña, e entonces foi alí, de onde ven? Da cárcel, de parte de... a que fixo pa saír da cárcel, chamou o capellán da cárcel pa confesare, mire quero confesare legalmente o meu pecado pero ela non quixo matar o capellán, no o matou , envolveu un pao en trapos e cuando o capellán se arrodillou e ela se arrodillou colleu o pao aquel no medio dos trapos e outro quedou sen sentido, sacou a roupa do capellán...
Antonio Reigosa: Vestiuse de cura
Aurelio Ramos: E saleu coa roupa do capellán da cárcel. Entonces xa foi dereita según a orden que lle dera a outra e d´alí díxolle a do bare, xa mira, dixo ela mire eu quero roupa de muller, no, roupa de home, e díxolle a do bare, por que non roupas de mullere? Porque nesta hora ou van buscar unha muller ou un cura, eu salín cunha roupa dun cura, ou buscan unha mullere ou buscan un cura, roupa de home. E entonces roupa de home, o seu bighote e o seu bastón montado no cabalo e dice na Estrada en tal sitio, pero é un pueblo antes de chegar a Estrada, que ten o mismo nombre co d´aquí o de Carballiño, Moedo.
Antonio Reigosa: Amoedo
Aurelio Ramos: Moedo? Porque un é Amoedo e outro é Moedo, haino na Estrada Moedo? Moedo ou Amoedo?
Antonio Reigosa: Eu creo que Amoedo pero é igual
Aurelio Ramos: Un é Amoedo e outro é Moedo. Alí está a cuadrilla, usté o chegar alí desde o cabalo , xa lle ven, xa lle ven un ou dous salir o encontro, desde lejos usté fagha xa esa señal, e entonces, efectivamente, foron dous colléronlle o, traiga o ramal do cabalo, colleu pola corda, non desmonte, ale, levárona alí, dice quero cambiar de cabalo, e lo por que? Porque vou matar a quen me meteu na carcel, así foi.
Chegou e estaba a tía Dorinda co can na casa pero o can desde lonxe tuvo o olfato da Pepiña, fu, seica se desfacía dentro da casa e a tía Dorinda que decía: Pero este perro, tú estás loco, e o can nada, según lle abreu a porta prrr e a Pepiña que lle dixoo tsss, que lle apretou o fuciño e tsss, e non se pode piare. E foi caladiña e xa foi onde a tía, dixo ela veño disposta a esto. Despois xa levaba a pistola, cabalo e pistola do rabaño, cambiou ali de cabalo, e chegou alá e dixo, non gastou nin un tiro, o can dou fin do fulano.
Antonio Reigosa: O que matara o seu...?
Aurelio Ramos: Si, matouno, o can matou ao fulano. Ai! Pepiña perdóname, Ai! Pepiña douche, douche o perdón por escrito, nada, aí pagas, pero o can dou, enganchou, que o enganchou na garganta hasta que non piou, o mismo can Lueiro matou o fulano.
Calros Solla: Señor Aurelio
Aurelio Ramos: E despois foi cuando ela quedou xa na cuadrilla e máis ela non tiña nada de loba, nin de ladrona, nin nada, era unha rapaza honrada, pero dixo ela:
Andarei por camiños de sangre como quixeron que eu anduvese.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.