Datos biográficos:Teresa dos Cucos (Teresa Reigía Pose) desenvolveu desde nena un marcado gusto polo canto tradicional, contando cunha traxectoria que foi reivindicada xa por artistas como Mercedes Peón, Xurxo Souto, Sés ou Xabier Díaz, pero tamén por novas figuras como as Tanxug
... [+]
Datos biográficos:Teresa dos Cucos (Teresa Reigía Pose) desenvolveu desde nena un marcado gusto polo canto tradicional, contando cunha traxectoria que foi reivindicada xa por artistas como Mercedes Peón, Xurxo Souto, Sés ou Xabier Díaz, pero tamén por novas figuras como as Tanxugueiras. Todas elas teñen pasado pola súa casa de Pontella para aprenderen coplas, letras de pezas tradicionais nunca manuscritas, que Teresa conserva intactas na súa memoria e non dubida en cantar.
Ten comparecido ao longo destes anos en varios programas da televisión en innúmeras ocasións (Luar ou Alalá), tamén acompañada do desaparecido grupo Raíces Combinadas de Limiñoa (Cores. Ponteceso) do que formaba parte e, ademais, colabora coa Fundación Eduardo Pondal do Couto (Cospindo. Ponteceso). En marzo de 2011, participou cunha comparsa de Entroido na Polafía de Cerqueda, cuxo vídeo se pode ver neste espazo.
De orixe humilde, seu pai era mariñeiro de baixura e ela alternou dende moi nova os traballos do agro cos da construción. A pesar diso, nunca deixou de cultivar o gusto polo canto pois, como ela di, unha cantarea é o mellor xeito de expresarmos o que sentimos.
Foi galardoada pola AELG como Mestra da Memoria no ano 2021.
No acto, conducido por Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Xosé Manuel Varela Varela, quen fixo a laudatio de Teresa dos Cucos, e Calros Solla, quen leu a laudatio de Aurelio Ramos Ogando.
[-]