Datos biográficos:Foi catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo e agora é catedrática emérita. Na súa longa vida académica ten publicado libros e artigos sobre diferentes temas da literatura galega, como a Nova Narrativa Ga
... [+]
Datos biográficos:Foi catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo e agora é catedrática emérita. Na súa longa vida académica ten publicado libros e artigos sobre diferentes temas da literatura galega, como a Nova Narrativa Galega, a poesía de mulleres e de Cunqueiro, a narrativa de Casares etc. Leva anos dedicada á clasificación do conto galego de tradición oral. Neste ámbito ten publicado os libros Contos galegos de tradición oral (Vigo: Nigratrea, 2002), que tivo dúas edicións en galego e unha versión reducida en castelán, Cuentos gallegos de tradición oral (Vigo: Nigratrea, 2003). En 2010 publica o Catálogo tipolóxico do conto galego (Universidade de Vigo: Servizo de Publicacións), unha extensa obra de máis de 1000 páxinas. Desde o ano 2004 pertence ao Groupe de Recherche Européen sur les Narrations Orales (GRENO), e ten participado en xornadas de traballo en diversos países: Francia, Cataluña, Grecia, Portugal, Galicia, Baleares... Froito da xuntanza organizada en Galicia (Mondariz e Santiago) en 2012, sae o libro Imaxes de muller. Representación da feminidade en mitos, contos e lendas (Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo), do que foi coordinadora.
A gravación, análise, edición e subida á web dos vídeos, foron posíbeis grazas ao financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
[-]