Aurelio Ramos: A mil en rama ten quince virtudes.
Antonio Reigosa: Pero que? Bueno, conte, conte, as virtudes.
Aurelio Ramos: Que, ten quin..., bueno ahora de mamoria non sei, varices, piel, cabello, vista, celulites, gretas cutáneas, p´as mociñas cuando empezan a ser mociñas, p´as mociñas cuando acaban de ser mociñas (risas) e ten quince.
Antonio Reigosa: Pero pa que apañaba a mil en rama?
Aurelio Ramos: Pa mandar p´os laboratorios.
Antonio Reigosa: Quen lla compraba?
Aurelio Ramos: Ahh primeiramente eee paa pra Lugo i agora ultimamente pra Betanzos.
Antonio Reigosa: E pagábana ben?
Aurelio Ramos: Si, eu pagaba a 5 pesetas o quilo en verde e cada 5 quilos verde era un seco
Antonio Reigosa: Ahá
Aurelio Ramos: Entonces eu pagábao a 5 pesetas e a min pagábama a 7
Antonio Reigosa: Ahh usted tamén lle compraba a outros que andaban por aí logo?
Aurelio Ramos: Pois eu non iba apañar aí 14 ou 15 ou 20 sacos
Antonio Reigosa: Xa,xa
Aurelio Ramos: Destes de grande. A cáscara de salgueiro, que é aspirina, andamos tan locos as veces a comprar unha aspirina e un trozo así como un dedo mais ou menos fervido nun cuarterón de agua, bueno é moito explicar as cousas sacarlle o poder os médicos pero esto no é sacar, non? Son remedios caseños, con un tanto de cáscara de corteza de salgueiro, como un dedo, fervido nun cuarterón de agua i tomar ese cuarterón de agua fervido e aí ten a aspirina natural, sin composición, sin mezcla ninguna, aspirina natural.Aurelio Ramos: A árnica, pode sacala de fumare, que moitos din eu non son capaz de sacarme de fumar, como que non ? Non a folla da flore, a folla da flor pode ser veneno, a folla da planta, que se chama lengua de vaca, a folla da planta non a da flore. A flore tamén metida en aguardiente é moi boa pa un corte, cuando un se corta, cuando hai sangría e iso, botar aguardiente daquela da flor de árnica pode ser moi bo, moi medicinal, pero é que a folla da pranta non a da flore, a da planta , esa saca a un de fumare.
Antonio Reigosa: Quítalle a gana ou?
Aurelio Ramos: Hai que fumala, hai que secala e fumala.
Antonio Reigosa: Bueno...
Aurelio Ramos: Entonces e por eso se chama en catalán ou no latín das plantas, se chama tabaquén de montan.Aurelio Ramos: O centeooo, que queres saber do cornello?
Antonio Reigosa: Quero sábelo todo (risas). O cornello si
Aurelio Ramos: Vannos levar a cárcel (risas)
Antonio Reigosa: Non se preocupe.
Aurelio Ramos: O cornello é abortívoro, abortivro i axudante no parto. Colles cinco ou seis ou sete cornellos de centeo, según tamaño, pequenos ou grandes, e férveos nun litro de agua e a muller que té pra parto toma eso e psss expulsa.Aurelio Ramos: É que o padriño da miña nai era médico i era de aquí e entonces me parece que inda así, que aínda debe haber alghún anaco algún pedazo d´alghún libro, que o padriño da miña nai lle deu a meu avó.
Calros Solla: Quen se encargaba de apaña-lo cornello?
Aurelio Ramos: Ah, nós mismos, todos, todo o mundo , á noite eu tiña a casa chea de rapaces e de rapazas
Calros Solla: Máis ben rapazas
Aurelio Ramos: Coas cascas de salgueiro, coa casca de sanguiño, coa folla de loureiro, coa folla de nogal, coa folla de eucalipto.
Calros Solla: E quen?
Aurelio Ramos: Coa rocío del sol, a rocío do sol e outra tamén, que é moi boa p´as paperas e eso, eee eso si que ahora, eso no teño estudiado o rocío del sol, pero tamén a recollía. I é aplanta que máis caro se pagaba, que se pagaba a 75 pesetas o quilo seco, ahora que pa xuntar un quilo facía falta o día, pero é que daquela unha xornaleira que iba a xornal agarrada a sacha todo o día ganaba 5 pesetas e se iba as flores ganaba cen ou setenta e cinco.Aurelio Ramos: Eu sempre mandei p´os laboratorios
Calros Solla: E era máis barato o cornello que esa flor?
Aurelio Ramos: O cornello era a setenta e cinco pesetas o quilo
Antonio Reigosa: O quilo de cornello, buf, é moito-
Aurelio Ramos: E a rocío del sol se eu pagaba a 75 pesetas o quilo seco, seco eh.Aurelio Ramos: Depende do ano porque había algunhas veces que as mulleres decían: Oie, por que non se me volvería todo a cornello? Porque era máis caro o cornello que o centeo.Aurelio Ramos: Pois claro que é malo, é malo si, o cornello é malo pa saúde.
Calros Solla: Por que?
Aurelio Ramos: Polo veneno ese que ten de expulsar.Aurelio Ramos: Eu teño un libro bo “Secretos y virtudes de las plantas medicinales”, que puede buscar aí no teléfono, búscao rápido aí e xa lle explica todo como é.
Calros Solla: Pero...
Aurelio Ramos: É o precio que ten e todo
Calros Solla: O de dedicarse as plantas, iso foi moito despois?
Aurelio Ramos: Sii, esto xa se dedicaba, xa se dedicou meu abuelo ou un irmao meu no sitio do meu abuelo, xa se dedicou as plantas, despois foi que fomos p´o Brasil e eu vin de Brasil e seghín, escribinlle o de Laspaúl en Huesca, a Huesca.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.