Aurelio Ramos: Bueno os frades de Aciveiro eran seis padres creme que eran cinco ou seis, e un religioso. Un religioso que é , un paisano ou un cura?
Calros Solla: Pois...
Aurelio Ramos: Seis padres vindo de Claraval e un religioso, seis padres e un religioso, pero non sei o que quere dicir iso.
Antonio Reigosa: A non ser que foran seis leigos e un frade
Aurelio Ramos: Cura ou, porque frades eran eles, viñan de Claraval de Francia, viñeron de Francia, entonces viñeron e fundaron ali, a poder de pedir limosnas e eso, foro fundando o monasterio con seis, seis padress e un religioso, e despois fixeron un cancionero que decía:
No convento de Aciveiro
Hai un frade ghaliñeiro
Convento de Aciveiro
Convento de moitos frades
As mozas de Landón din
Convento nunca te acabes
-Ghustábanlle os padres - (risas)
San Gonzalo de Aciveiro
Santo de moito valer
Fixo pontes e camiños
Para chegar hasta os perder.Aurelio Ramos: Si, unha vez nesta casa fixemos no 23 de San Juan cuando era unha casa que aquí houbo a festa de pandeireta , aquí nesta casa, porque non había eso eee ese era o local de autopsias eee entonces faciamos aqui a festa non habia eso nin habia eso, o sea era local.
Chegou a ser da República esta casa pa quen a fixemos.
Fixemos un espantallo da forma dun cura, o espantallo era sotana e todo aí nunha esquina que había o ferro pa o pao da bandeira, de cuando era escuela, que era escuela parroquial aquí, parroquial de Doade e máis d´aquí.
Entonces fixemos o cura levantado cunha perna así, que eu ahora non me podo pór nunha perna, así cunha perna levantada, outra baixada, o caldeiro nunha mao e un sapo na outra e unhas (...).
Nós non fixemos con idea do cura, saleunos así, o cura ven a mañán tocar a misa e veu aquel home na cima da casa, buuu non soubo quen fora se non escapabamos da parroquia.Calros Solla: Eu preghuntáballe polo conto do cura que tivo moitos fillos.
Aurelio Ramos: Si , aahh eeehhh, si , ese púxolle tres fillos de cada lado, veu o obispo pa sacarlle a misa o cura e o cura douse conta, xuntou os fillos todos e púxolle tres de cada lado e outro tamén cun candelero acompañando, cada un coa súa vela e outro acompñando o bispo polas escaleiras arriba. E díclle o obispo:
-Mucha candelerada, mucha candelerada, aún es mucho para un agricultor cuánto más para un sacerdote.
-Pues mire usted señor obispo, yo los tengo y los mantengo y no hago como muchos que los tienen y los mandan al hospicio.
-Quédate coa misa e cala a boca.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.