Datos biográficos:Excompoñente do colectivo de música tradicional “O Son Da Terra” e da banda de gaitas “Os Rexumeiros”. Encargado entre os anos 1992 e 2001 do pub “A Cova Folk”. Membro da organización das “Noites Celtas” na Coruña. Membro do xurado en distintas edicións do Certame Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e do Concurso Internacional de Folk “Cuarto Los Valles” en Navelgas (Asturias). Autor durante varios anos da páxina “Feitizo De Sons” no suplemento dominical do xornal Galicia Hoxe. Director e presentador do programa radiofónico "Lume Na Palleira" desde 1992 ata a actualidade.
“Lume Na Palleira” naceu no mes de setembro do ano 1992, da man de Emilio Españadero Paz, como unha proposta musical alternativa para as ondas radiofónicas, tratando de que a música folk e tradicional, tanto do noso país como de outros (principalmente os de influencia céltica), tivese presenza a través de ditas ondas. No ano 1996 “Lume Na Palleira” incorporouse á programación da Radio Galega.
Foi galardoado pola AELG como Mestre da Memoria no ano 2020.
No acto, conducido Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Bernardo Penabade, quen fixo a laudatio de Batuko Tabanka, que foi respondida por Nilda Borges, e Xurxo Souto, quen leu a laudatio de Emilio Españadero.
[-]