Datos biográficos:Xavier Blanco, da estirpe dos Soledás, naceu e reside en Moaña, onde desenvolve o seu traballo profesional na Escola Municipal de Música Tradicional do concello de Moaña. Nel reúnense, como sucede en moi poucos outros casos, a capacidade e o interese para
... [+]
Datos biográficos:Xavier Blanco, da estirpe dos Soledás, naceu e reside en Moaña, onde desenvolve o seu traballo profesional na Escola Municipal de Música Tradicional do concello de Moaña. Nel reúnense, como sucede en moi poucos outros casos, a capacidade e o interese para recompilar, recrear, divulgar, interpretar e representar a través de obradoiros didácticos para os máis novos a nosa tradición musical, cualidades que o convirten nun transmisor fiel e nun mestre excepcional.
Como artesán preocúpase por estudar as vellas técnicas para construír ou restaurar instrumentos, para conservalos e interpretar con eles músicas de raíz.
Como froito dos seus traballos e estudos atesouro un importantísimo arquivo de pezas, instrumentos e melodías populares. Colabora no proxecto Polafías da AELG, participando nas de Vilamartín de Valdeorras, Merlán (Chantada), Ferreira Vella (Riotorto), Cabreiros (Xermade) e na de Moaña, na que ademais foi coorganizador.
É autor de numerosos traballos, entre eles os discos “A gaita de cana de Moaña”, “Instrumentos pobres” e “Gaitas troncais”, e de publicacións de carácter didáctico como “Toques, asubíos e cantores” e “O gaiteiro verde”.
Co último traballo, que conta co patrocinio da empresa R e que leva por título “Lei Natural”, un audio-vídeo de carácter documental, Xavier Blanco regresa á súa infancia vital e musical nas Illas Cíes, ás raíces das que emerxe con pulo incomparable este intérprete único da nosa tradición.
Vexa aquí o fondo videográfico coas participacións de Xavier Blanco no Proxecto Polafías.
[-]