Aurelio Ramos: Chegou á vila de Carballiño un tal chamado Manoeliño , se hai algun Manueliño por aí que non se enoje eh, levaba tantos anos na Argentina cuando chegou a Carballiño foi e hospedouse no Hotel Carlos que daquela era unha das mellores casas de Carballiño an que xa hoxe non existe.
De alí a poucos días dúas primas carnales del, unha chamada Manuela e outra Francisca , enteráronse que viñera ese personaje pa Carballiño e dice unha pra outra:
-Ai! cacha seica veu o Manueliño e cuando nin para os parientes mira é porque ven podre de diñeiro e mellor ir onda el e traelo pa nosa casa, pois cacha case que tes razón, vamos alá.
E neso vai a Manuela e a Francisca o hotel Carlos, por certo estaba de pé na porta o dono da pensión e dinlle elas:
-Bos días , señor Carlos.
-Bos días. Quen son e que desean?
-Somos as Manueliñas, somos Manuela e Francisca. Non nos conoce?
-Ah si oh, e lo que traedes por aquí?
-Vimos mirar aquí que seica chegou un señor da Argentina e é noso primo e queremos mirar a ver se está aquí.
-Si oh é aquel que está no cabo do comedor, lle dixo o dono da pensión.
E niso vai a Manuela e a Francisca saludar o Manueliño, el levantouse con toda a cortesía déronse de mao uns para os outros e logo lle pregunta el:
-Bueno, vamos a ver, que me traedes con esta visita por aquí?
-Pois mira vimos mirar se queres vir pra nosa casa como os tres imos velliños hámonos de agharimar os tres, os uns cos outros.
-Ai! Oh eso era o que eu estaba pensando, que alguén bótase mao de min po día que eu morrer deixarlle todo canto deixo na Argentina, pero hai unha cuestión moi grande o meu diñeiro ven por giro retrasado e aínda non cheghou, estou debendo aqui estes días de pensión.
-Pois mira burriño, coa palabra con que tódalas mulleres nos tratan os homes, por eso no te preocupes que chos pagamos nós.
-Ah pois se é eso o que queredes, facerlle as contas o señor Carlos e andando pra vosa casa.
Ha! era o que o home quería.
Pois levaron o home pra casa, válghame dios, trátabano moi ben, moi ben. D´alí a poucos días enfermou Manueliño, metérono na cama e chamaron, dice:
-Mira é mellor que traiamos un dos mellores médicos de Carballiño, un dos mellores, e que te consulte que a túa enfermedad parece que se prolonga cada día máis e máis.
-Ai! Si oh, case que tendes razón.
E aí foron buscar o mellor médico de Carballiño que daquela era o médico forense, o Piñeiro.
E foi o médico e mirouno por un lado, polo outro, por diante, por detrás e cando acabou dice, chamou as mulleres a unha habitación d´alá:
-Mire, hai home pa poucos días.
Ha! Era o que as mulleres querían.
-Si teñen alghunha cousa a facer fághana canto antes que hai home pa poucos días.
Desde que o médico marchou non sabían como lle habían de pedir manda, unha estarricáballe a colcha, outra lisaballe a sabana, de vez en cando dábanlle voltas a cabeceira pra que non lle quecese a cabeza coa febre
Pero a Manuela máis decidida que a Francisca díxolle ela :
-Mira Manueliño nos somos fillos da morte que pa morrer nacemos e mellor que nos porfiemos os tres, porque se case hai alghún parente máis por Carballiño adiante o día de mañán van herdar do que non levaron traballo.
(cortar do 1.44.56 ata 1.45.561 preguntar a Reigosa) -Ah!, eso era o que eu estaba pensando pero imos facer un testamento cunha condición, un testamento cerrado, que non pode ver máis que eu e o notario, vos habédelo de ver o día da miña defunción se vou antes que vos.
-Bueno pois como ti queiras imos busca-lo notario
-Cuanto máis antes mellor
Hasta neso que todo o que elas lle propuña el lle aceptaba
Foron buscar o notario, como o testamento era cerrado elas saliron da habitación, o notario escrebeu o que Manuel lle mandou.
Dios mío querido d´alí a poucos días morreu o Manueliño, un enterro nunca visto outro coma el no Carballiño, vintecinco curas nada menos e máis xente que a que tuvo Don Evaristo Vaamonde da Cortiña, en paz estea, que foi o cura que fixo aquela igrexa grande que hai no Carballiño.
D´alí a poucos días do entierro di unha pr´outra:
-Ai! Chacha e mellor ir onde o notario pa saber canto Manoel nos deixou que así xa ahora estamos empeñadas polas orellas.
-Pois case que tes razón, imos alá.
Foron a porta do notario, petáronlle a porta saleu o notario:
-Bos días, señor notario
-Bos días, quen son e que desean?
Ha xa non as conocía, había tres días que lle estuveran na .casa
-Ai! señor notario somos as herdeiras do Manoeliño, se morreu o outro día como vostede comprende vintecinco curas no entierro e solo de pan e viño xa nos empeñamos, agora vimos mirar canto Manoel nos deixou.
Hasta por certo levaban cadanseu trozo de cebola para espremer cara os ollos e facer que choraban cuando como fan todalas mulleres cando lle morre un gran amigo.
Entonces o notario como as viu tan tristes fixoas entrar obligounas sentar cada unha en cadanseu sofá.
Ha cousa que as mulleres nunca viran, na súa casa tiñan cadanseu rolo de pao e chegaballe ben
O documento , era o testamento cerrado, estaba archivado o notario foi o archivo, colleu o sobre abreuno por un lado e leulle:
Alma o ceo, corpo a terra, (pódese dicire?) collós a Francisca e caralla a Manuela. (risas)
Non tiña outra cousa que deixar.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.