Aurelio Ramos: Bueno, pois daquela porque dixo miña nai e meu avó, dixo mira si vas o servicio quedamos sen ti nunha temporada, así pa quedar sen ti nunha temporada tamén vai po Brasil.
Antonio Reigosa: Ahh, e quen tiña alí? Que familia tiña alí?
Aurelio Ramos: Miña nai e meu avó, na máis.
Antonio Reigosa: Alí, alí en Brasil.
Aurelio Ramos: Ai! no Brasil, miña irmá, meu cuñado, meu irmao, meus primos, boh, eramos quince a mesa.
Antonio Reigosa: E librou dee, librou do servicio, si?
Aurelio Ramos: Eh?
Antonio Reigosa: Librou do servicio?
Aurelio Ramos: Cumplino desde que vin, con vintasete anos (risas). Porque non quixen embarcare e perdín o pasaje.
Calros Solla: E quen o reclamou?
Aurelio Ramos: Eu, eu, eu non puden reclamar porque o perdín voluntario.
Calros Solla: No, digo quen o reclamou no Brasil pra que fose?
Aurelio Ramos: Ahh, meu cuñado, miña irmá.
Antonio Reigosa: Que xa estaban alí?
Aurelio Ramos: Si, si
Antonio Reigosa: Conte, que fixo alí?
Aurelio Ramos: Comercio, mostrador, cousa que non me gusta.
Antonio Reigosa: Tiñan eles?
Aurelio Ramos: O presidio non me gusta a min.
Antonio Reigosa: En que sitio de Brasil?
Aurelio Ramos: Eh?
Antonio Reigosa: En que sitio?
Aurelio Ramos: Bahía
Antonio Reigosa: Bahía
Aurelio Ramos: Bahía porque o Brasil ten varias Bahías, esta é Bahía de Salvador, como está parroquia San Salvadore.
Calros Solla: Que xénero vendían?
Aurelio Ramos: Eh?
Calros Solla: Que xénero vendía na tenda?
Aurelio Ramos: Ahh, comercio en general, tanto vendiamos o azúcar por saco como por quilo, era almacén de día e de noite bare, cerraba unha gradilla, quedaba o almacén oculto, tamén Dios nos libre que nos pillasen vendo un quilo de azúcar no bar, había leña
Antonio Reigosa: Eran dous negocios logo
Aurelio Ramos: Non se podía
Calros Solla: E paghaban ben?
Aurelio Ramos: Pois como todo era da casa...
Antonio Reigosa: (risas) Pouco
Aurelio Ramos: Non sabe o que lle pasou os de Covelo? Como o Conde decía: traballade que é pra vós traballade. A min pasoume igual, pero bueno desaghradecido non quedei home.
Calros Solla: Desa primeira viaxe cantos anos estivo?
Aurelio Ramos: Oito
Calros Solla: Oito anos
Aurelio Ramos: Oito anos
Calros Solla: E despois volveu?
Antonio Reigosa: Fixo a mili?
Aurelio Ramos: Non, non volvín
Calros Solla:Non, digo que...
Aurelio Ramos: Vín pra cumprir o servicio e aqui me quedei, miña nai non quixo marchare, non quixo deixar as vacas, non quixo deixar a súa casiña, pois houbo que amarrarse aquí, non ibamos deixar tamén a vella sola.
Calros Solla: E cantos anos eran de mili?
Aurelio Ramos: Ahh, de mili pois foron pois morreu o meu irmao en Méjico, porque eu vin pa España, pero el foi pa Méjico onde a muller, que se casou por poder pa, como se chama aquí, procuración, non procuración é no Brasil, aquí é poder
Calros Solla: Si, si
Aurelio Ramos: Por poderes me casei eu e meu irmao tamén, desde aquí e a muller desde Méjico e entonces eu caseime desde o Brasil e a muller desde aquí, que era de, vosa veciña, bueno, de Forcarei, de Presqueiras, e entonces a...
Calros Solla: Os anos de mili
Aurelio Ramos: Eh?
Calros Solla: Os anos, cantos anos foron de mili?
Aurelio Ramos: De mili, un ano e pouco porque me rebaixaron como o meu irmao morreu en Méjico librei 3 meses antes, dous ou tres meses
Calros Solla: E onde a fixo?
Aurelio Ramos: Campolongo en Pontevedra, tocárame pa caballería pa Parga Lugo, logo despois os amigos, as recomendaciós, un concuño que tiña que era secretario da hermandá e escribiente do ayuntamiento e estuveramos con el no tempo da guerra xuntos , o capitán da caixa de reclutas de Orense, entonces fixeron con que eu quedase en Pontevedra, outro mandarían pra o meu sitio pa Lugo (risas), non sei.
Entonces , porque claro, entonces un irmao de, do meu concuñado xa era brigada en Pontevedra, entonces eu xa tiña un apoio en Pontevedra. (...)
Calros Solla: E só estivo unha vez no Brasil? Oito anos?
Aurelio Ramos: Oito anos
Calros Solla: E dedicouse os oitos anos...
Aurelio Ramos: O comercio, o comercio, ah bueno, estuven 3 meses, 3 ou 4 meses con taller de radios
Calros Solla: Explique
Aurelio Ramos: Pero despois tuven que volver outra vez, porque foi cuando meu irmao veu pa España entonces tomou conta meu cuñado do almacén i eu volvin pa onde o meu cuñado.
Calros Solla: Así que tamén sabe de radios?
Aurelio Ramos: Teño o diploma de radios, dous, un español e outro brasileiro, San Paulo.
Antonio Reigosa: E onde aprendeu a amaña-las radios ou?
Aurelio Ramos: Eh?
Antonio Reigosa: Onde aprendeu?
Aurelio Ramos: Eu aprendín aquí por correspondencia pero non valeu de nada, quixen traballar alá ni papa
Antonio Reigosa: Non valía o título ou?
Aurelio Ramos: Entón collin outro curso, a miña tal era, entonces aí é onde eu vou contar a miña familia, o ver eles o ver que me gustaba a min eso dicen bueno pois gustalle eso vamos xa ten algo de conocimiento de España apoialo, meterme nun taller xa competente alí, pois nada, tiña que machacarme alí co, na grada, no mostrador alí (risas) cousa que eu non toleraba.
Antonio Reigosa: Xa, xa, e que tal se vivía en Brasil?
Aurelio Ramos: Nada, aquelo pra min no vale.
Antonio Reigosa: Non?
Aurelio Ramos: Non, non
Antonio Reigosa: Tampouco quedarían moitas...
Aurelio Ramos: Aquel español, home, hai quen se dedica a construción pero aquel, aqueles, os que se dedicaron a construción e souberon agarrar, porque houbo tamén quen se dedicou a construción e foron o fracaso, non valeron pra nada. Pero houbos que se agarraron e ten casas, calles, coas casas todas deles, con sete ou oito casas
Antonio Reigosa: Eses fixeron cartos logo?
Aurelio Ramos: Claro, si, d´aquí mismo d´aquí
Antonio Reigosa: Usted non fixo tantos cartos?
Aurelio Ramos: Non, eu anduven sempre o xornal, eu fixen máis nos tres ou cuatro meses de radios que no resto dos oito anos no comercio.
Antonio Reigosa: Os do taller de radios non eran da familia, non? (risas)
Aurelio Ramos: Facía mil pesetas todos os días.
Despois claro, eu xa despois perfeccioneime un pouquiño máis no Brasil cun amigo que tiña reloxería alá no Brasil e parece que era el e mailo pai, pero parece que non se levaba moito b en co pai, entonces díxenlle un día, díxenlle: Mira e alí no porto da barra teño, é un sitio moi bo, parada de ómnibus e todo, ómnibus é tranvía, e díxenlle eu: téñoche ali con dúas ventanas, un local, mil pesetas cada mes, i eu pra... unha cousa boa, se queres montar unha relojería. Noo, foi el que veu onda min entonces e dixome: Oe Ramos, estou pensando unha cousa, i eu non pensaras o mismo que estou pensando eu, e que é? Quee eu pondo nunha ventana, porque tiña porta o medio, ventana pa un lao e ventana pa..., o local a sala, e dicía a relojería e ti o taller de radios quedaba pos dous, pois e mira que estabamos os dous calados e pensando a misma cousa. Mira por onde, eu aprendin a arreglar relojes e el aprendeu a arreglar radios. E quedouse el con todo.
Aquí, á agricultura pero despois empecei a comprar unha segadora porque díxenlle eu a miña muller, en paz estea, díxenlle:
-Mira esto teño bastante traballo de radios a máis de relojes, así teño a vista, e mellor que compremos unha segadora pra a casa, segamo-la herba e despois eu sigo traballando e tal.
Pero o caso é que comprei a segadora e en vez de segar pra min, home xa que estás aquí, ségame aquí e iba p´outro lado, xa que estás aquí dámoslle aquí, i eu bueno se cobro e non me dedico a esto queda feo, sácolle o pan a quen está pagando e está ganando a vida. Se non cobro saio fastidiado, aquí hai que botarse a..., e fun a Orense e dixen mire vou traballar a xornal. Pro ano xa comprei outra máquina, pro ano outra, pro ano outra e xuntei seis segadoras na casa.
Antonio Reigosa: E traballaban por aí?
Aurelio Ramos: Seis segadoras e dous tractores, dou..tres motosierras, arado de cuatro follas, dúas fresas, cada tractor coa súa fresa e a xornal. Cuando viña o tempo da herba eu xa iba logo cara Lalín e alí onde vía un homiño de gorra e coa súa vara gardando vacas dixen aquí hai xornaleiros. Eu collíame o tractor iba co tractor para que me visen.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.