Aurelio Ramos: A Correa aquí temos cuase no mesmo sitio pegado As Correas e Porto Cabalo, todo, hai houbo o porteiro que se pasa cos pés, que o tal Porto Cabalo, aí salía un medo, aparecía un medo que esgharrañaba como un cabalo, iiih! Iiih!, e catabún catabun, pero non aparecía o cabalo, e as mulleres iban pro muíño que bueno perdían o fol do vrao e o saco do...., ou a fariña cuando viñan , e entonces había unha cofradía que tal Porta Cabalo, despois había unha cofradía que lle dixeron a parroquia que se lle daban o que ocupase a piel dun buey que lle sacaban ese medo, entón fixeron o documento, colleron a piel do boi e unha tixeira cuanto máis fina máis grande, rrrrr, cortárona toda , toda nun cordón, cortárona o medio, puxérona en cruz, aquí ten o que ocupa a piel do buei, que son As Correas.
Antonio Reigosa: O que ocupa? É dicir...
Aurelio Ramos: Efectivamente, As Correas pr´aquí e Porta Cabalo p´alí está todo pegado. Non cabe duda.
Antonio Reigosa: Foron os frades que tuveron esa idea tan brillante, non?
Aurelio Ramos: Eh?
Antonio Reigosa: Foron os frades os que tuveron a idea tan brillanteAurelio Ramos: Si, unha co..., bueno unha cofraría, pero porque hai cofraría de frades, de pescadores, de de...
Antonio Reigosa: Xa, xa
Aurelio Ramos: Unha cofraría, pero o que nunca me explicaron de que era a cofraría.Aurelio Ramos: Os da casa Nova foron de aí de frente, foron de aí de, do meu lugar, pertenecía o meu lugar eh, entonces a sogra botoulle unha maldición, descutiron e botoulle unha maldición dicindo: ti vaias parar onde galo non ouzas cantar nin campanas ouzas tocare. Efectivamente, dice el bueno pois pa Costoia, aí chámase Costoia e Besticobo e todo, alá por trás, pa Costoia.
Entonces pideulle un pedazo de monte o meu lugar, entonces o meu lugar seica llo daban por súa vida, dixen eu e pola miña vida somos un matrimonio novo, entonces foi (...) que van heredar os nosos fillos despois, foron onde os de Pardesoa, por iso Cachoso está metida na provincia de Pontevedra. E co escritor de Beariz aí tuvo un engaño moi grande porque teno no monte de arriba e sin embargo é no monte de abaixo, está no monte pertenece a Alén, non pertenece a Abeleira, pertenece a Alén ahora, pertenecía a Pardesoa, ahora pertenece a Alén , a non ser que se faga outro nuevo acuerdo.
Pero entonces faise, fóronse onde os de Pardesoa, oie se nos poderades dar aí un trociño de monte, pero claro xa foron cunha trampa non deberon ir con trampa e o señor, aquel matrimonio, o que poidan cerrar, o que poidamos cerrar ti i eu e máis dous homes aí nun día e que poden, e fixeron o documento, só faltaba a firma do notario, yo como escribano doy fe, que era o que facía, entonces fixeron o documento el que fixo, un sitio aquí, outro alá, outro alá, outro alá, outro alá e cerraron a casa, o que é a Casanova, a chousa de Balboa, chousa de Beariz, chousa de Balboa ou Casanova ou casa de Pedro Blas, que el era Pedro Blas, i ela alghún título tiña que era doña Rosa. Entonces dixeron os de Pardesoa, solo faltaba o escribano dar fe, entonces dixeron os de Pardesoa, ah vamos ver a ver que fixeron antes que o escribano dea fe, ah pero o escribano xa estaba alerta, seica lle chamaban O Demo, onde el pisase que era como Maneiro en Carballiño, cando Maneiro salia por Carballiño temblaba Carballiño, e entonces foi o Demo xa estaba alá que era de aquí de Ghracián, casado, era de Liñares, casado en Ghracián, xa estaba alá e el xa dera a fe, yo como escribano doy fe, cuando chegharon os de Pardesoa
Antonio Reigosa: Xa estáAurelio Ramos: O documento estaba firmado
Antonio Reigosa: Estaba o negocio
Aurelio Ramos: Eles xa firmaran antes
Antonio Reigosa: Xa, xa, claro
Aurelio Ramos: Mira o que ten firmar antes de tempo
Risas
Antonio Reigosa: Bueno AurelioAurelio Ramos: I aí quedou, entonces eles tuveron un fillo, no, dous fillos, un Pedro e outro Blas, e unha filla Petronila, que foi a única que se casou porque os outros marcharon, non se sabe. El a nai deles seica iba facendo que choraba co potiño do caldo ou do leite debaixo do mandil, ai! Pabliño Pablo Salvador meu fillo, un era Pablo outro era Salvador, ai! Pabliño Pablo Salvador meu fillo, facendo que choraba por eles, non?
Calros Solla: Porque a cousa é que foran pra gherra pero non foran, estaban aghochados alí.
Aurelio Ramos: Aghochados, pero dunha vez cazáronos e leváronos. Aí non se sabe si eles non quixeron, non quixeron volver máis pa ese disierto ou se morreron na gherra, non se sabe porque daquela, claro, nin periódicos había siquera.
Calros Solla: Ela leváballe o potiño do...
Aurelio Ramos: Si, ela leváballe o pan e o potiño do caldo debaixo do mandil, e coxiño toma, cando decía coxiño toma, coxiño toma, saían eles e collían a comida e escondíanse.
Antonio Reigosa: E volvíanse esconder
Aurelio Ramos: Porque hai alí un bo souto
Calros Solla: Era a clave
Aurelio Ramos: Había uns outeiros moi bos alí ou hainos. Pero dunha vez cazáronos e leváronos e aí non se sabe que foi máis deles. Despois quedou o matrimonio coa rapaza, a rapaza veu un cazador moi rico e namorouse da rapaza, casouse con ela e levouna. Seica cuando baixaba polo iglesario abaixo, el, o señor aquel montado no seu cabalo, cos dedos cubertos de anillos ouro que decía el: yo pago contribución a las cuatro provincias gallegas.
Calros Solla: Ese era o tal Balboa?
Aurelio Ramos: NonCalros Solla: Non
Aurelio Ramos: Eles non tuveron familia e despois uníronse os Balboas.
Antonio Reigosa: Ahhh
Aurelio Ramos: O Balboa non tuvo nada que ver, non era nada da familia deles, uníronse a eles. Claro, despois a vella el está enterrado aquí, aquí, enriba aquí no cementerio vello i ela está enterrada en Beariz, a nai. I ela cuando lle morreu o marido tuvo tres días morto coa holgura que había de neve. Ela tiña dous cas bos e un can que o trouxo con ela avisar o pueblo e o outro deixouno ghardando a casa.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.