Aurelio Ramos Ogando: Eramos tres, ultimamente quedamos dous, ahora son eu solo, de irmaos son eu solo, primos moitos.
Pois era périto i era maestro de obras i agricultor como fun eu.
Tiñamos seis vacas e,e,e en vida do meu avó seis vacas cuando eu marchei po Brasil no ano 49, acórdome ben que cheguei alá nunha fecha bastante , bastante recordable porque foi o día de San José i era día santo de meu irmao e funo celebrar alá, a Bahía.
Eu era-aaa agricultore, coma meu avó, coma miña nai, coma miñas tías e todos.
Antonio Reigosa: Iban ás vacas.
Aurelio Ramos Ogando: Aas vacas, houbo seis vacas. Creme que houbo algunha ocasión de termos 8, pero moi pouco tempo, pero o normal eran seis.
Aurelio Ramos Ogando: A escola,a aquí, na parroquia, foi nesta misma casa pero esta casa eu xa non acordei a escola aquí nesta casa, xa a recordei en dúas casas, aí no mesmo pobo pero aí noutro lado.
Aurelio Ramos Ogando: Si, todos os días, a mañán e a tarde, iamos comer a casa i volviamos
Aurelio Ramos Ogando: Viñamos ás 12.30 ou 1 , soltabannos os maestros, por certo que tuvemos un beeen d´aí de Presqueras, bastante maliño, sabiamos mais os de 7 anos ca el. Pero bueno, fomos, así nos fomos criando, aí fomos indo por diante.
Aurelio Ramos: Porque dunha vez tuvemos unha maestra e dándolle un pao a un rapas rompeulle a regla. E despois chegou a casa a nena aquela e dixo: Mamá, mamá, a profesora non nos pega máis. E por que? Acabóuselle a regla.
Aurelio Ramos: Pois a, e, i, o, u . Gracias o meu avó, que tamén fora profesore, el puña a escuela cuando alghún maestro enfermaba el iba sustitu, de sustituto, e-e-e e entonces pois el púñanos escuela a min, a meus primos e algún amigo máis do lugare. Despois tuvo escuela particular tamén, meu avó, é dicir, gratis, iba quen, os mozos, iban a escuela onda el, pero aprendere escuadra, cartabón e compás, o que lle facía falta saber por, pra gana-la vida polo mundo adiante.
Aurelio Ramos Ogando: Tiñamos a escuela dos rapaces e das rapazas, xuntabámonos na eira a brincar todos
Antonio Reigosa: Si pero dentro do...
Aurelio Ramos Ogando: Si, a eira, o camiño e eso, pois e-e, como había 50 metros aínda non, dunha casa a outra, xuntabámonos todos.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.