Aurelio Ramos: Cuándo Felipe inventou o IVA eu tamén inventei o meu chiste po IVA. Entonces houbo unha misa solemne, misa cantada, e cuadroulle tamén Felipe de ir a misa a máis Fraga, e os dous taban oíndo misa cuase xuntos, dous partidos amistosos lévanse como o ca...levabanse como o can e o gato pero bueno, ou facíannolo vere, e entonces cuando o cura dixo, como era misa solemne, misa cantada, cando o cura dixo:
-Oremos
Felipe González dice:
Atrás dela todos andemos
Cuanto máis novas sean
Máis contentos estemos
As vellas tamén
n´as despreciemos
Sirven todas. E o cura claro como é home de dar bo ejemplo dícelle:
Aleluya aleluya
Cada uno con la suya
Pero Fraga como tamén estaba na misa an que na máis fose por lle contradecir a Felipe González por inventar o IVA, simplemente son tres letras que queren dicir imposible vivir agora, e meter a España no mercado comúns, pónselle Fraga:
Desde que se inventou o IVA entrou España no mercado común
Calquera pode andar coa mellor dun
Porque é libre, o mercado común é libre, pode andar un coa do outro a do outro coa do outro e así.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.