Aurelio Ramos: O crego da miña terra é un curiña moi velliño, moi velliño, tamén ten outra criada tan velliña coma el, o domingo antes de decir misa dícelle el a criada: oia, en canto que eu vou pa igrexa decirlle misa os parroquianos ti faime un pote das papas pois agora como vas velliña pouco máis vales pa facer outra cousa. Bue ta ben como vostede mande señor abade.
Aí o cregho marchouse pa igrexa, a criada quedou facendo o pote das papas e máis cocendo unhas pouquiñas patacas, seghún o cregho lle ordenara.
Cuando lle está remexendo a fariña as papas faltoulle máis da mitad da fariña pa rematar o pote das papas, aí dixo ela botando as maos a cabeza: ai dios mío querido como lle irei pedir a fariña o señor cregho no medio da misa a vista de todos os parroquianos. Pero foi a muller alá se decideu, marchouse pa iglesia e quedouse de pé na porta travesa de vez en cando estaba ela polas costas (...) o cregho:
Tsss, tsss
Como daquela decían a misa (...) a xente que ahora tomaron un pouquiño de tal xa a dicen de cara como a dixo nuestro señore, non prestaba atención os asubíos da criada, aí volveu a criada máis forte pola palma da mao:
Tsss, tsss
Aí foi que o cregho oeu, ollou p´atrás e veu que estaba a criada de pé da porta travesa antes que o cregho se revirase, foi ela e pediulle fariña en latín pa que ninguén enténdese:
Paporum paporum
Rarorum rarorum
Fariñorum fariñorum
Aí o cregho logo se dou conta que faltaba a fariña pas papas que saían raras e tamén lle contestou en latín, pra que ninguén enténdese:
Colle las chaves chavorum
Que están colgadas detrás da porta portorum eeaa
Abre-la maseirorum maseirorum eaa
Que alí hai bastante fariñorum eaa
Colles deses dous puños teus
Cheos e fartudos pr´así lle botar bastante fariñorum
Os paporum pra que saian bastante bastorum eaaa
Iba todo en ea.E dille a criada:
Ameu
Farei tamén un pouquiño máis
Pa criado lineu
E tamén fas pra filla nostram
A filla que tiñan eles. E continúalle a criada:
As patacas están cocidas máis me falta o pimento picantorum
Pra lle facer o refritorum
Colle-lo pimenton picantorum
Que está dentro da artesorum
Pero po si ascaso non lle botes moito pimento picantorum as patatorum
Que despois me pican el seculo secular seculorum
E fixeches ben falar no latinorum
Que así ninguén entendeu o noso galegorum
E fas máis pa nostrorum e pa vostrorum
Que pra os de forum eeeeaaaa
Como tódolos parroquianos que estabamos asistindo a misa non nos decatamos do latinorum que falara o crego e a criada, todos respondemos a un tempo:
Aaaamén
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.