asociación de escritoras e escritores en lingua galega
Mestras e Mestres da memoria

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, acordou crear en 2013 os Premios Mestras e Mestres da Memoria co obxectivo de recoñecer publicamente, seguindo as directrices da Unesco, aquelas persoas que dan vida e futuro ao Patrimonio Cultural Inmaterial.

Trátase de significar e apoiar persoas que atesouran e transmiten, ademais de contribuír á súa salvagarda, valores culturais relevantes para as comunidades das que forman parte.

O recoñecemento consiste na entrega en acto público dun diploma acreditativo, así como na difusión dos méritos que honran ao Mestre ou Mestra. Téñense en conta características como a creatividade, o arraigo, o carácter representativo e o risco de desaparición da tradición da que é portadora esa persoa.

Por tanto, son recoñecidas como Mestras e Mestres da Memoria as persoas que acadan un grao de excelencia narrando historias (contos, lendas...), que cantan, bailan e/ou interpretan temas musicais tradicionais, que coñecen e interpretan usos relacionados coa natureza ou co universo (curandeiros/as, menciñeiros/as...), que coñecen e fan uso de técnicas artesanais tradicionais, e, en definitiva, aqueles e aquelas que amosaron ao longo da súa vida interese por coñecer, usar e transmitir saberes herdados do pasado.

Eirexúa, Xudán (A Pontenova-Lugo), 1924
Datos biográficos:

Ángel Rivas Veiga naceu no medio doutros cinco irmáns o 1 de novembro de 1924 no lugar de Eirexúa, parroquia de Xudán, concello da Pontenova (Lugo). Aquí naceu e aquí residiu ata que casou e se trasladou a Orxás, en Pousada, concello da Pastor ... [+]

Alén, Xirazga (Beariz-Ourense), 1928
Datos biográficos:

Aurelio Ramos Ogando é veciño do lugar da Alén, na parroquia de Xirazga, no concello de Beariz (Ourense) e é un magnífico contador.

É ben coñecido pola súa facilidade de palabra, o seu humor, a súa disposición e pos&u ... [+]

Cabo Verde,
Datos biográficos:

Grupo formado por 12 mulleres nacidas en Cabo Verde, residentes en Galicia, a maioría en Burela (Lugo).
O nome, Batuko Tabanka, que se pode traducir como "Entroido de tambores", tómano dun antigo ritmo tradicional de Cabo Verde. A batuka, en orixe, foi mú ... [+]

Santiago de Compostela, 1945
Datos biográficos:

Foi catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo e agora é catedrática emérita. Na súa longa vida académica ten publicado libros e artigos sobre diferentes temas da literatura galega, como a Nova Narrativa Ga ... [+]

Cabana (Cabana de Bergantiños-A Coruña), 1930
Datos biográficos:

Coñecida entre a veciñanza como "Dolores do Coxo", os seus ollos brillan cando alguén se achega a saudala e mais cando lle falan de coplas. A súa cabeza non deixa de lembrar os versos que aprendeu desde ben nova.
Dolores Macías naceu o 7 de abri ... [+]

Basilea (Suíza),
Datos biográficos:

Musicóloga. Natural de Basilea (Suíza), onde comezou os seus estudos que ampliou en Colonia e Múnich. É directora de coro e musicóloga. A partir de 1971 ocupou a cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna (Suíz ... [+]

Arca, Montouto (Abadín-Lugo), 1943
Datos biográficos:

Elena Requeijo Barro (Elba Requeijo), naceu en Arca, Montouto, en 1943. Criouse onde agora vive, no lugar das Basilias, na parroquia de Labrada, concello de Abadín. Alí medrou entre os traballos propios do medio, da idade e do sexo, e os xogos con xoguetes de fabricación prop ... [+]

Lugar do Pando, Cuíñas (A Fonsagrada-Lugo), 1932
Datos biográficos:

Emilio Pérez Álvarez, Emilio do Pando, naceu no lugar do Pando, parroquia de Cuíñas, concello da Fonsagrada (Lugo) un  27 de febreiro de 1932. Foi o máis cativo de dez irmáns, criados nunha casa con moitas necesidades pero tamén alegr ... [+]

Essen (Alemaña),
Datos biográficos:

Excompoñente do colectivo de música tradicional “O Son Da Terra” e da banda de gaitas “Os Rexumeiros”. Encargado entre os anos 1992 e 2001 do pub “A Cova Folk”. Membro da organización das “Noites Celtas” na Coruña. Membro ... [+]

O Canizo (A Gudiña-Ourense), 1924
Datos biográficos:

O gaiteiro do Canizo–A Gudiña, Faustino Luis Seoane, nado o 18 de xuño de 1924, é memoria viva dos gaiteiros da súa xeración. Faustino foi gravado no ano 1952 polo musicólogo americano Alan Lomax.

Para o acompañamento musical a Faus ... [+]

A Coruña, 1963
Datos biográficos:

Nado na Coruña o 1 de novembro de 1963 e veciño na actualidade do concello de Oza-Cesuras, Henrique Peón Mosteiro (Quique Peón) é folclorista, coreógrafo, investigador, intérprete, docente e director escénico no ... [+]

Santaballa (Vilalba-Lugo), 1921
Datos biográficos:

Santaballa (Vilalba-Lugo),1921-2019


Naceu no albor do século XX, o 14 de setembro de 1921, nunha das parroquias do concello de Vilalba, nas terras chairegas de Santaballa, en cuxo cemiterio descansa desde o 6 de xullo de 2019. Tivo unha longa vida de 97 anos.

... [+]
Santiago de Compostela (A Coruña), 1931
Datos biográficos:

Luz  Fandiño naceu no barrio de Sar en Santiago de Compostela, no ano 1931. En 1951 morre a súa nai, e quedan súa avoa, súa irmá e ela. No ano seguinte, 1952, reclamada por unhas curmás da súa nai e tías, emigra á Arxentina, onde ... [+]

Sanguiñeda (Mos),
Datos biográficos:

Grupo de folk galego interxeracional, creado por Uxía en Sanguiñeda (Mos). Está integrado por 11 cantadeiras (Silvina, Fita, Carmiña, Lina, Aurita, Teresa, Paz, Paca, Carmen, Chola e Maruja) acompañadas por 5 músicos: Sabela Dacal (acordeón e ... [+]

Merexo, Ozón (Muxía), 1926
Datos biográficos:

O acordeón diatónico, segundo o investigador Pedro Pascual, chegou á Península Ibérica a finais do s. XIX. E tivo éxito, un enorme éxito este instrumento, especialmente nas festas populares asociado ao baile agarrado e a outros ritmos de moda a par ... [+]

Cerdedo (Cerdedo-Pontevedra), 1930
Datos biográficos:

Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas, naceu o 13 de xullo de 1930 en Cerdedo (Pontevedra). De pequena trasladouse ao lugar de Barro de Arén, no mesmo concello, onde residiu desde entón. Alí casou con José Álvarez Sieiro, criou dúas fillas, Sinda e ... [+]

Sarria (Lugo), 1949
Datos biográficos:

É unha destacada fotógrafa das mulleres da raia, ou arraianas. Son recoñecidos en Galicia, no norte de Portugal e nas provincias pegadas a Galicia de Castela e León, os seus traballos documentando e impulsando os Entroidos e a conservación das máscaras pr ... [+]

Datos biográficos:

Xosé Luís Rivas Cruz, coñecido polo alcume de Mini, naceu en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951. É mestre, músico, cantante, compositor, musicólogo e tamén político en exercicio no concello de ... [+]

Vilanova de Oscos (Asturies), 1956
Datos biográficos:

Naceu en Vilanova de Oscos (Asturias) en 1956. Reside na Coruña desde 1982. Escritor, investigador, músico e divulgador da cultura popular, material e inmaterial, tanto galega como da Asturias occidental. É autor de numerosos traballos, libros, artigos..., arredor da transfor ... [+]

Alén, Xirarga (Beariz-Ourense),
Datos biográficos:

Orosia Gil Ramos naceu o 27 de marzo de 1922 no lugar da Alén, onde traballou nos oficios do campo, tivo gando, andou ao xornal e tamén trouxo á vida e criou  un fillo, Manuel, que para os máis dos veciños é Manolo d'Orosia e act ... [+]

Corme (Corme-A Coruña), 1933
Datos biográficos:

MAR DE IRLANDA

Mar de Irlanda, Mar de Irlanda,

mar agarimoso e traidor,

fuches de min o sustento

e tamén depredador.

De ti saquei pan prós fillos

mais todo o que eu non tivera

a cambio en ti eu de ... [+]

Pontella (Malpica de Bergantiños-A Coruña), 1947
Datos biográficos:

Teresa dos Cucos (Teresa Reigía Pose) desenvolveu desde nena un marcado gusto polo canto tradicional, contando cunha traxectoria que foi reivindicada xa por artistas como Mercedes Peón, Xurxo Souto, Sés ou Xabier Díaz, pero tamén por novas figuras como as Tanxug ... [+]

Vilar, Vilamor (Folgoso do Courel-Lugo), 1942
Datos biográficos:

Foi galardoado pola AELG como Mestre da Memoria no ano 2023.

No acto, conducido Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Espín de Doncos, quen fixo a laudatio de Xan de Vilar, e Aser Álvarez, quen leu a laudatio de Mercede ... [+]

Moaña (Moaña-Pontevedra), 1966
Datos biográficos:

Xavier Blanco, da estirpe dos Soledás, naceu e reside en Moaña, onde desenvolve o seu traballo profesional na Escola Municipal de Música Tradicional do concello de Moaña. Nel reúnense, como sucede en moi poucos outros casos, a capacidade  e o interese para ... [+]