Aurelio Ramos: Aquí, cansados de segar coa gadaña se había que coller as, chegar a casa e coller as panderetas, collemo-las panderetas e botabamos unha danza.
Calros Solla: Ata que hora?
Aurelio Ramos: Dúas ou tres horas ao millore. E dunha vez, que eu non acordo pero contábamo miña nai, ca miña avoa cortando no toxo que inda non había segadoras de toxo, cortadoras de..., máquina pa toxo p´o monte, as mulleres cansadas, tres ou cuatro mulleres cansadas de cortar no toxo co fouciño coa poda esa que dixo unha:
-Oe, vamos busca-las panderetas a casa e levamos a ronda ata casa.
Cansadiñas de cortar no toxo todo o día e ven cantando e tocando polo camiño as mulleres asta o lugar, desde o monte ata o lugare e despois xunto o luar e ponse a bailar todos.
oplas había por ejemplo había a de Juan e Juana, os dous tiñan a misma fortuna decía, un decíalle:
Tengo una cama moi grande
Donde seis poder cabemos
Y si es preciso hasta doce
Porque mi cama es el suelo
E despois o outro decíalle:
De tenedor tengo los dedos
Y de cuchara tengo las manos
Y para dormir tengo
Una estera rota por cama
Así que os dous tiñan a mesma vantaxe. Despois había as outras que si pero, que queren logo que lle cante unha copla?
Vamos embora menina miña
Vamos embora para Baía
Para Baía para Lisboa
Vente conmigo menina boa
Ven ver a liza
Como surge a lúa
De nubes núas
Como o pensar teu
Ven ver a praia
Majestosos regos
Ante suspira quen bele e os teus
Vamos embora meniña mia
Vamos embora para Baía
Para Baía para Lisboa
Vente conmigo menina boa
Bueno esqueceume.
Esqueceume agora i é moi bonita esta, moi bonita, pero esqueceume canto é que unha portuguesa d´aí de Pena Corneira, que vive aí, quere que lla apunte.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.