Aurelio Ramos:Aquí houbo unha casa que o dueño da casa chámase Casaseca, está aí o sitio da casa, era moi amigo do cura e entonces saían de caza os dous entonces o de aquí o día que o cura non iba na casa, de caza, chamáballe polos cans e os cans iban. O cura neghouse un pouquiño:
Non me chames polos cas que mira que te deporto eh.
Entonces el que fixo acostumbrou os cans o toque dos testos dos potes, e os cans por comer o caldo tocaballe os potes e ale
Antonio Reigosa: Correr
Aurelio Ramos: O correr. E foi o cura que fixo, colleu un braghado de velas e empezounas a estender polo carreiro arriba e , que é este que vai aquí entre os panteóns desta casa por aí arriba, asta a casa do home. E a mañá como viña, baixaba o tal Aughusto da Costa que era o padriño do meu abuelo a tocar a alba, a misa da alba, e reconoceu as velas e máis coas mulleres que viñan a misa reconoceu as velas e deportou o fulano pero non pa lonxe, porque así mismo lle quería ben, pra Portela da Cruz.
E alá viveu na Portela da Cruz. Despois aquel tuvo que morrer rico, sabe dios onde deixou as monedas de ouro, porque viña un tratante co seu saqueteode vende-las vacas de vende-lo ganado non sei en que feira, na de Pontevedra ou eso, e viña seguido polos ladróns, pero el un de pulo tirou o saco das monedas e segheu andando hasta Portela da Cruz e o outro estaba cortan... collendo no toxo, na Portela da Cruz, e dicelle :
-Ai! señor escondame, escondame que eu son rico, mire teño moitas monedas
E onde as ten!
-Ehh, escondame que despois repartimolas, que cheghan ben pos dous que vendin as vacas todas, que tiña un rebaño de vacas, e veñen os ladróns seghíndome. E entonces fixo un montón de toxo :
-Ai mismo.
E meteuno no medio do toxo e cuando chegaron os outros dícelle:
-Oiga señore, por aquí non pasou?
-Non, non por aí non pasou ningué
E co dedo indicándolle, déronlle un puntapé o toxo, colleron o fulano e levárono, e o outro foi busca-lo saco das monedas e tamén foi un ladrón. Francamente, foi un ladrón.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.