Datos biográficos:Nado na Coruña o 1 de novembro de 1963 e veciño na actualidade do concello de Oza-Cesuras, Henrique Peón Mosteiro (Quique Peón) é folclorista, coreógrafo, investigador, intérprete, docente e director escénico no
... [+]
Datos biográficos:Nado na Coruña o 1 de novembro de 1963 e veciño na actualidade do concello de Oza-Cesuras, Henrique Peón Mosteiro (Quique Peón) é folclorista, coreógrafo, investigador, intérprete, docente e director escénico no ámbito da música e o baile tradicional de Galicia. A súa actividade profesional céntrase na investigación etnográfica cun extenso labor de recollida de campo, restaurando e recuperando centos de bailes, danzas, músicas, traxes, costumes e tradicións, gañando innumerables premios a nivel estatal e internacional dirixindo o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina da Coruña:
- Xornadas de Folclore galego de Santiago de Compostela: Medalla de Ouro – 1983, 84, 85 e 87
- Mellor bailarín de Galicia – 1985 e 1988
- Programa Gente Joven TVE: Primeiro premio – 1983, 84 e 85.
- 1º Premio no concurso Dances et traditions Populaires de Châteauneuf-du-Faou (Francia)
- 1º Premio no concurso internacional de Zemplen (Hungría)
Creador de distintos espectáculos folclóricos:
- Costumes e saberes dun pobo
- Unha viaxe por noutrora
- Ribeirana
- Atruto
- Dengue
- Camiño do Sul
- Galicien Amerika line
- Patrimonio Inmaterial
- Endaterra (actual)
No 2008 crea a súa propia compañía profesional de Danza Galega, “Quique Peón Cía.”, na que desenvolve as súas inquedanzas creativas e coreográficas.
Premios:
- 2º Premio de Coreografía no XXI Certamen de Danza Española y Flamenco de Madrid.
- Premio do Conservatorio Superior de Danza “María de Ávila” de Madrid.
Producións:
- Ovay (2008)
- Alendacroa (2010)
- Seisdecatro (2011)
- Amizade (2012)
- O Poder do Arcabuz (2016)
No apartado folk liderou o grupo de música “Radio Cos”, con dous traballos discográficos no mercado e foi grupo oficial do Womex 2018. Na actualidade forma parte do Grupo OFB (Os do Fondo da Barra) que sacaron ao mercado o seu primeiro traballo discográfico chamado BâNZô.
A gravación, análise, edición e subida á web dos vídeos, foron posíbeis grazas ao financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.
[-]