Aurelio Ramos: Os 15 anos xa salin a malla-lo centeo, a desgranar o centeo, coas malladoras de Ventoxo, do Toxal, fun dous anos seguidos malla-lo centeo alá por Covas, por Folgoso, Cachafeiro, Millarada, eee e aquí por Xirarga, Acevedo, Bouza. Por un ano foi, anduvo comigo, o primeiro ano un da Bouza, que inda era algo da familia, e o segundo ano anduvo de axudante meu, bueno dous axudantes, eramos os dous axudantes do patrón, un de Dúas Iglesias, creme que se chamaba Manuel.O primeiro xornal que eu empecei a ganar foi 6 pesetas. Aquí nas minas do Campanario de vagonero, despois xa entrei de axudante de entibador xa eran 6,50 e despois fun coas máquinas do centeo, a desgrana-lo centeo a 16 pesetas, xa era un sueldo bo daquela.Bueno, eu estaba xa libre da escuela e da escuela saliase os 15 anos era obligado.
Antonio Reigosa: É dicir, empezou a traballar nas minas de estaño...?
Aurelio Ramos Ogando: 16, 17 anos.Eu de vagonero, eu e máis o meu primo eramos vagoneros.
Antonio Reigosa: E en que consistía?
Aurelio: Empurrabámo-la vagoneta. E por certo que unha vez escapóusenos, por pouco matamo-las mulleres todas en baixo no lavadero, escapouse a vagonera, a vagoneta, cargada de barro boom!, pero nos avisamos desde arriba: Aí vai a vagoneta que vai libre! E as mulleres xa, xa se largaron.Como se facía o estaño, pois si, tuvemos fundición de estaño aquí no Campanario, chamábanlle O Campanario, Minas San José, o dueño era o propio nombre no sei, sei que se apedillaba Chamorro, e o último dueño, o último dono, era Don Germán. Por certo que daquela quedounos debendo 6000 pesetas (risas). Entre carros de madeira, sueldo meu e sueldo do meu irmáo, daquela 6000 pesetas que era un capital.
Antonio Reigosa: E que pasou? Cerrou?
Aurelio Ramos Ogando: Eh?
Antonio Reigousa: Cerrou?
Aurelio Ramos Ogando: Cerrou, houbo un derrumbamiento e pillou a dous, e un acabou morrendo daquel desastre, por lle facer favor a compañía cambiou de residencia.
Antonio Reigosa: Oh
Aurelio Ramos Ogando: Aí en Pontevedra e o outro que era portugués, que o tiñamos como burro, dice el: Que suba arriba don Germán a ver que os ten máis grandes? Ou el pa me sacar de aquí ou eu pa salire. E non saleu e salvouse. I o outro por lle facer favor a don Germán saleu da residencia pa o hospital e entonces a perna que rompera, porque eso foi verificado que fora verdá, no hospital, na residencia, desenvolvéronlla as vendas, os vendajes, cangrenou e dalá marchou.Eu sei elabora-lo estaño todo, seino elaborar.
Antonio Reigosa: Si, si, como era?
Aurelio Ramos Ogando: (...) Houbo fundición alí, inda tá , tá a casa inda alí co sitio do forno e con todo.
Antonio Reigosa: Era unha mina a ceo aberto?Aurelio Ramos Ogando: A mina quedou aberta, aínda está. Tá entibada. Alí está a miña madeira que levamos.
Antonio Reigosa: Pero iban galerías?
Aurelio Ramos: Que quedaron debendo
Antonio Reigosa: Iban ghalerías, non?
Aurelio Ramos: Na ghalería, creme que ibamos 300 metros
Antonio Reigosa: Eran moitos traballando?
Aurelio Ramos: Ai! si, eramos como unhos quince, dazaseis.
Antonio Reigosa: Homes?
Aurelio Ramos: Pico e pala, e barreno tamén.
Antonio Reigosa: E mulleres?
Aurelio Ramos: Foi onde eu aprendín a barrenare.
Antonio Reigosa: E mulleres había moitas, traballando alí?
Aurelio Ramos: As mulleres no lavadero.
Antonio Reigosa: Ahh.Aurelio Ramos: Fóra da mina.
Antonio Reigosa: E que facían as mulleres?
Aurelio Ramos: Ah, ah, onde estaba o lavadero sacudindo, que era con agua, ou manivela, e esto pois iban refinando o estaño e xa botando po caldeiro refinado, pra un caldeiro, o lavado, que se chamaba o refinar, lavare.
Antonio Reigosa: Si, si
Aurelio Ramos: E o outro pois quedaba as escorias pa outro día, pa refinar po outro día a mañán, en cuanto nós picabamos máis barro, que era a pico, pois encontrabamos barro duro, pois veña barrena e cartucho, cuando non se roubaba un cartucho e se metía no bolsillo pa despois un día de festa botar un barreno ó aire. Despois xa aí xa era cousa da compañía, xa mandaban pra fundición , pra outro lado.
Antonio Reigosa: Marchaba da mina
Aurelio Ramos: O que non se fundía alí, pero había sitio pa facer lingotes e todo, non sei se aínda estarán por aí perdidos ou así. E alí tiñan unha casa e con camas e todo.Cerrou pois despois polo, polo desastre ese que houbo.
Antonio Reigosa: Polo accidente?
Aurelio Ramos: Que claro despois foron salindo, empezou a fracasa-la mina e dice: Bueno, esto vai o fracaso, vamos pedi-la cuenta, e aí cada un foi salindo cuanto máis antes pudo, saleu.
Antonio Reigosa: E acabouse?
Aurelio Ramos: Acabouse.Despois fun pra Bachimaña, pr´os Pirineos, cun señor deste pueblo que se chamaba Leopoldo Cañizo, o padre Leopoldo, que aí é conocido, e entonces moi bo encargado i alí eu traballei na hormigonera.
Antonio Reigosa: Que facían obras?
Aurelio Ramos: Na hormigonera, hormigón pa sustención de agua, pantano.
Antonio Reigosa: Ah, ah.
Aurelio Ramos: Que é o que hai no balneario de Panticosa, arriba, en Huesca.Entonces fun un ano pero non puden volver máis porque despois xa foi cuando embarquei.Eu xa mallara no centeo antes de ir pra alá, xa mallara no centeo.
Antonio Reigosa: Con que mallaban? Co mallo?
Aurelio Ramos: Noo, coa malladora.
Antonio Reigosa: Cunha malladoraaa...
Aurelio Ramos: Coa malladora de Ventoso.
Antonio Reigosa: E de que era?
Aurelio Ramos: Chamábase Manuel, o dueño das máquinas
Antonio Reigosa: Con que se movía a malladora?
Aurelio Ramos: Tiña dúas malladoras, as dúas empezaban en Folgoso, tódolos anos, despois d´alí unha iba pr´acá e outra iba pr´alá.Aurelio Ramos: O Lister, o Lister inglés, había que darlle manivela pa encendelo.Antonio Reigosa: Ah, ah
Aurelio Ramos: Pra encendelo.
Antonio Reigosa: Eran aqueles que levaban un depósito de auga enorme pa refrescalos?
Aurelio Ramos: Si, moi ben traballaban.
Antonio Reigosa: Moitas queimaduras provocaban eses, eses depósitos eh.
Aurelio Ramos: Día e noite e non fallaba eh.
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.