Datos biográficos:Grupo de folk galego interxeracional, creado por Uxía en Sanguiñeda (Mos). Está integrado por 11 cantadeiras (Silvina, Fita, Carmiña, Lina, Aurita, Teresa, Paz, Paca, Carmen, Chola e Maruja) acompañadas por 5 músicos: Sabela Dacal (acordeón e
... [+]
Datos biográficos:Grupo de folk galego interxeracional, creado por Uxía en Sanguiñeda (Mos). Está integrado por 11 cantadeiras (Silvina, Fita, Carmiña, Lina, Aurita, Teresa, Paz, Paca, Carmen, Chola e Maruja) acompañadas por 5 músicos: Sabela Dacal (acordeón e voz), Antonio Prieto (gaita, frauta e voz), Javier (bombo percusión tradicional e voz), Anxo Pardo (tambor, percusión tradicional e voz) e Ana Senlle (dirección vocal, voz e pandeireta).
Foron galardoadas pola AELG como Mestras da Memoria en 2022. No acto, conducido por Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Dorinda Castro, quen leu a laudatio de Malvela.
(Estas gravacións foron financiadas pola Deputación de Lugo e CEDRO)
[-]