Boas tardes, miña sogra
Véñolle pedi-la filla
Se ma das entoo un pouco
Se non voume mais axiña
A miña filla farruco
É moi nova pra casar
Solo ten cuarenta anos
E pódesma estragar
Carallo pa...
Alabado sexa deus
O que vos di miña sogra
Voulle destragar a filla
Xa non ten dentes nin moas
Fai coma min
Pois a filla non cha dou
Non teño que che facer
Que ti es un folgazán
E non a podes manter
Eu téñolle un bon oficio
Xa sabe que son gaiteiro
Ándolle de festa en festa
E gaño moito diñeiro
A túa gaita farruco
Ten a miña filla tola
Desde que fala contigo
Solo fai pensar na voda
Pois pa poñela tranquila
Debe deixala casar
Que despois de casadiña
A gaita non lle ha de faltar
Pois se é iso o que queredes
Casar haste miña filla
Xa te encheras de farruco
Tamén da súa gaitiña
Arreglaron os papeles
Trataron o casamento
Para o domingo siguiente
Casáronse moi contentos
Cando saíron da igrexa
Ela toda apurada
Farruco se non recelas
Hasme de enseñar a gaita
Espera un pouco muller
non sexas tan apurada
Heicha de enseñar a noite
Que hei tocar na foliada
Heicha de enseñar a noite
Que hei tocar na foliada
Aínda é máis pero esqueceume tamén, agora vánme esquecendo.
Porque despois el a gaita xa iba vella ordenoulla vender
Farruco non venda-la gaita
Que se acaba p´os da casa
Decía a vella, decía a sogra. Pero veuse un día da feira, no, Farruco saeu da casa e como era un día de feira, no,
comprouse unha ghaita nova
e como era un día de feira
entrou pola porta pa dentro
tocando unha muiñeira
Gravación feita o 26 de novembro de 2021 en Xirazga (Beariz), co financiamento da Deputación de Lugo e CEDRO.