Eu,u,u chámome Paz, Paz Morais. Son de Tui pero estou afincada no Porriño desde fai,i,i trinta e dous anos, trinta e tres, trinta e tres. E,e,e no grupo de Malvela me parece que son a última incorporación, fixo en setiembre cinco anos que entrei no grupo. E,e,e a primeira vez que fun con elas foi a,a,a ao Algarve, ao Algarve, non, perdón, ao Alentexo, fumos ao Alentexo, a Almodôvar. As chicas Almodóvar, chicas Almodóvar!
E,e,e eu xaa s conocía de antes porque tanto Paca, como Chola, como Maruja, que hoxe non está aquí, xa cantábamos noutro grupo de pandereteiras que se chama Fonteliño, que tamén temos dous discos. E,e,e empecei,i,i tamén, con un cursillo que se fixo no Círculo e,e,e fai vinte anos no grupo Fonteliño, vinte anos ou máis? Por aí, bueno, vinte anos. Despois,s,s e,e,e bueno, pasou moito tempo, elas empezaron a cantar aquí, no grupo de Malvela e,e,e eu acompañábaas de vez en cuando que iban a dar un concierto nalgún lado e tal, e iba acompañándoas e,e,e escoitándoas e,e,e e pa min o grupo de Malvela, como o grupo Fonteliño tamén, foi,i,i u,u,un un poder volver a facer o que eu quería na música.
A min me gustou a música, me supoño que como a todas, desde que somos pequenas. Vamos! Porque aquí en Galicia, todo o mundo cantamos, si non é na casa é na taberna, pero todo o mundo cantamos. Eu son filla de taberneira pois recordo,o,o toda a vida, toda a vida cantar; meus pais, meus tíos cando non cantaban na taberna, cantaban na coral; cando non cantaban na coral, cantaban na calle. Donde se terciara, non? E, a música, é algo que vai,i,i con todos, es decir, que nos gusta a todos.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.