Rita: O meu nome é Rita pero de pequena puxéronme Chola os meus irmáns e a pandilla toda, que eu nacín en Redondela, en Reboreda millor dito.
Meu pai sempre se dedicou a cantar. Ensaiaba grupos de,e,e de,e,e de comparsas e cousas así, e,e,e a min xa me levaba, tiña catro anos, e levábame con el a cantar, da man, levábanme. Pero bueno, meus irmáns cantaban mui ben, eu non tan ben, pero bueno, me refiero a que eles tiñan unhas voces mui bonitas. E miña nai, na festa de Reboreda, xa lle cantaba, facía a, botábanlle plegarias á Virgen, e ela contestáballe como si fora a Virgen. E cantaba que, que dicían que cantaba como os ángeles. E bueno, i seguro que de aí vendrá algo. Non? Supoño.
Dispois e,e,e sempre me gustou facer estas cousas pero nunca poiden porque tuven, caseime, tuven tres fillos, túvenos que criar e non tiña tempo para esas cousas. E cando me xubilei, metinme na Escuela de Música aprender un pouco de solfeo porque non tiña nin idea. E d'aí, pois, metinme en Fonteliño que e unha amiga, e Paca tamén decíame: "Que eu tamén quería tocar a pandereta e tal." E foi pasando o tempo e tal, e dispois Ana decíame: "Non che apetece vir pa Malvela? E díxenlle eu: "Non a min eso dáme muito medo." Porque me impresionaba un grupo xa aí todo feito e dereito, e decía eu: "Non, aí non vou. E déixamo pensar." Penseino unha semana, creo. Verdá, Ana? Entón, dispois, aí, xa me metín aquí, e teño que decir que estou encantada porque é unha familia, o que dicen todas en xeneral, pero ao final cando,o,o acolléronos tan ben, tan ben, aunque nos chamaban "As chulitas de Porriño" porque dicen que aprendíamos máis rápido, pero a verdá que todas boísimas. E, falando da compañeira que nos, que nos deixou estes días e,e,e como a teño sempre ao meu lado teño un, en estes días teño unha tristeza tan grande que non son capaz inda de superalo pero espero que,e,e co tempo que o supere e bueno, que me costa moito!
E,e,e teño que decir que esto para min é unha familia completa aparte da miña familia que todos son, pero teño unha familia completa aquí porque quérolle a todas ben, penso que elas tamén a min, porque todos nos levamos fenomenal e,e,e bueno, pois a min, quérolle a Ana un montón porque sempre lle quixen muito. E, e non sei que máis decir. Estou moi, estou emocionada pero estou encantada de estar en Malvela. De verdá. E estou, aportoume moita alegría porque tamén o que di Paca, encántame que chegue o lunes pa vir aquí a ensaiar, pa miralas aunque non, e teño ganas de velas e de falar e todo, que a veces é o que decía ela, non fala/ non cantamos tanto como, falamos máis que cantamos a veces, pero todo é unha terapia que nos vén ben a todos, e estamos mui contentas. A verdá é que estou encantadísima d'estar aquí.
Lois Pérez: E como é a experiencia de,e,e de saír por aí e recibir o recoñecemento cando (...)
Rita: Si.
Lois Pérez: Vos oen cantar.
Rita: Si. Si. Ao principio, eu era imposible de que, poñíame tan nerviosa porque a min eso de, e Ana a veces pois mandábanos cantar unha canción, a min, empezar eu, e eu póñome moi nerviosa pa esas cousas porque dáme como timidez, vergonza, non sei que me dá e, sin embargo, dispois estou aí i crézome, pero,o,o pero mui ben, e cando salimos por aí encantadas todas. Bueno! Porque a xente ademais recíbenos cunha, cunha cousa que!!!
Na miña queríamos falar, meu pai falaba galego pero como nos daba vergonza cando ibas ao pueblo, o sea, eu vivía en Reboreda que é a un quilómetro de Reboreda, pero e,e,e ríanse de nós porque non falábamos un galego como era debido, entón xa non queríamos falar galego porque se rían de nós, e nós queríamos falar pero dábanos vergonza falar así porque nós chapurreábamos, claro, queríamos falar castelán e mais galego e non facíamos ben nada, pero meu pai sempre nos inculcou a falar galego tamén.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.