Uxía Senlle: Ola, son Uxía e,e,e levo ligada a Malvela desde o inicio desde esas,s,s clases de cantos populares que impartín, hai non sei, hai máis de vintecinco anos creo, máis ou menos, non sei, non son moi boa para as datas. O caso é que delas aprendín moitísimo. Ademais dese, dese curso de cantos populares, tiven a oportunidade de coñecelas, unha a unha, de saber e,e,e sacar delas o mellor porque claro eran mulleres que estaban, e,e,e a maioría, amas de casa, vivían, no seu día a día non tiñan moitas oportunidades de,e,e mostras as, as, as súas artes. Non? Entón eu descubrín que había unha materia prima,a,a e, e, i unhas cualidades importantísimas para a música, para o canto i aí naceu,u,u Malvela. Non? Con, con, en fin, dun xeito moi espontáneo tamén, non? Porque en realidade é un grupo e,e,e de mulleres que se fixeron a,a,a a si mesmas. Non?
Nós guiámolas un pouco polo camiño pero en realidade e,e,e sempre digo que, que, que é unha leción auténtica, no? De vida, de, de, de compañeirismo, de como elas conciben e,e,e eso que agora se dá en chamar sororidade porque elas o saben xa de seu. Non saben tanto a teoría, ao mellor, pero elas descubriron tamén e,e,e a súa propia autoestima, non? A, a valorar o seu, o seu traballo, e moitas veces os homes quedaban na casa facendo os labores que elas facían habitualmente entón eles eran un pouco os grupis de, de, de Malvela e a min gustoume moito eso porque sempre penso que a música pode servir para mellorar o entorno onde unha vive. Non? Entón, tanto Maria Fumaça como proxecto é enriquecedor para unha familia como a nosa, non? Con diversidade funcional no caso de, de Rui como no caso de Malvela, onde tamén está miña nai, e,e,e i a miña irmá Ana que é unha peza fundamental, non? Para que Malvela se sosteña, i no cotiá ela que está e,e,e sostendo o grupo i ensaiando con elas. Entón, eu procuro estar cando hai un disco novo i sempre que podo ao longo de todos estes anos. Non?
E,e,e xa o grupo camiña só así que eu só vou aos concertos i quedo marabillada, non? Da capacidade de, de, de, de conexión coa xente que teñen, de, de comunicación i a enerxía que desprenden que, que é contaxiante. Non?
Moitos grupos naceron a, despois de, de ter coñecido Malvela e pensar: "Por que nós non podemos facer un grupo na nosa aldea aínda que sexamos maiores un grupo interxeracional?."
E non falamos dos múxicos pero interesante tamén dicir que este grupo conta con músicos moi valiosos, xente moi nova e,e,e que convive co, con estas mulleres tan, tan sabias, non? E tan cheas de vida e de enerxía. Non?
E non quería esquecerme da señora Carmen que foi fundamental tamén. Era unha muller que sabía moito de romances, de, de, de cantos tradicionais, tiña unha voz prodixiosa, e gravou o seu primeiro disco, como solista, estando no grupo Malvela e,e,e aos oitenta e dous anos. Na Flor dos meus anos, chamábase ese, ese disco. E,e,e que é un disco precioso porque conta un pouco a súa vida a través das cancións. Entón, bueno, pois eu diría que todas e cada unha das, das, das que pasaron e,e,e por Malvela teñen moitísimo que aportar como acabastes de comprobar. Cada unha é,é,é é diferente tamén, e,e,e i é, é moi bonito velas, velas cantar porque todo eso que son elas e,e,e o trasmiten dun xeito moi, moi natural. Non hai nada moi artificioso en absoluto, sin embargo son unhas auténticas profesionais moito máis que, que moitos grupos seudoprofesionais porque elas e,e,e son moi disciplinadas, chegan a un lugar, saben o seu, e,e,e nas probas de son o que teñen que facer, en fin eu non deixo de, de, de admiralas e sempre querelas, claro.
Lois Pérez: I, i, i xa pra rematar. Aí hai un fío condutor que, bueno, culmina nas Malvela e na vosa aportación, na da túa irmá Ana pero que ten tamén a,a,a a cerna nese colectivo no, do que túa mai facía parte ou fundou no seu día de Mulleres rurais i (...)
Uxía Senlle: Si, é importante, claro, que as mulleres asociadas no rural e,e,e bueno, é importantísimo que, que esa asociación, a Asociación de Mulleres Rurais contribuíu moito á calidade de vida de todas elas. Non? E,e,e fixeron un montón de, de cursos, e este foi un, un máis o que pasa que un curso que logo e,e,e pois deu no que deu. Non? Porque eu sempre pensei, pasou coas Cantadeiras do Berbés e con outras, con outros proxectos nos que eu participei e impulsei, e,e,e creo que non hai que terlle medo ao escenario, a gravar un disco, hai, hai que facelo porque así e,e,e digamos que ensaiar por ensaiar sin máis, sin, sin trasmitir iso á,á,á á xente pois non ten o mesmo interés para elas. Non?
Entón, é,é,é é así. Non? E, i esa, esa asociación foi determinante, non? para, para moitas, moitas delas, non? Pero xa o grupo propiciou moito máis, pois eso, as, as, as viaxes, os concertos. É un grupo moi popular, tan popular que calquera sabe cantar o Pirimpimpín mesmo as orquestras no, no, no verán, por exemplo, e,e,e un grupo que sae moitísimo na, na nosa televisión pública, entón, moi querido, moi, moi, moi respetado tamén. Non? Entón, en fin, estamos como e,e,e querendo que isto non decaia nin morra, i ás veces facer un disco novo é un esforzo por parte de todo o mundo i tamén por parte da asociación que elas son a asociación que teñen que ter os seus ingresos, que teñen que ter uns, uns mínimos para poder ter continuidade este, este proxecto de Malvela. Si que nos estamos aí empurrando todo o que podemos e,e,e pero elas son as que máis fan porque isto,o,o e,e,e continúe.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.