Silvina: Bueno, chámome Silvina Álvarez Peredo e,e,e metinme no grupo que me chamaron pa,a,a pa o grupo p'aquí e,e,e vin encantada e foi o millor que puiden facer na miña vida por eso estou vivindo tantos anos. Si, porque esto dá vida.
((Risas e aplausos))
Esto dá vida, dá vida, dá vida.
Lois Pérez: Oíches que me, que nos sopraron que,e,e como leva/ como levas, como levades eso do...? Porque supoño que can/ cantando e,e,e movéndose por aí sempre aparecen seguidores.
Silvina: Si. Vinte anos de viaxe polo mundo co meu marido, fomos tres veces a Buenos Aires, e fomos as Malvela a cantar unha vez. Eh! Eu fun.
Lois Pérez: No, pero cas Malvela, cas Malvela (...)
Silvina: Si.
Lois Pérez: Cantando por aí
Silvina: Si.
Lois Pérez: Cas Malvela.
Silvina: Si.
Lois Pérez: Polo visto dixéronme que saíron, saíronche moitos seguidores!
Silvina: Eu creo que si. Bueno, saben elas. Eu, eu non debo de (...)
Interveniente: A ver, cando vamos a actuar por aí, Silvina (...)
Interveniente: Solo preguntan por ti.
Interveniente: Por quen preguntar para sacar a foto?
Silvina: Pero vos preguntan a vós (...)
Interveniente: Por quen preguntan?
Silvina: Por Silvina Álvarez Peredo.
((Risas))
Silvina: Claro.
Interveniente: Firmar autógrafos.
Silvina: Claro.
Interveniente: Sacar fotos, verdade Silvina?
Silvina: Claro.
Interveniente: Solo queren fotos con ela!
Silvina: Pero a min doume moita vida tamén. Eh! A min e aos meus. E o meu marido que non sabía bailar muito, e tanto fixen hasta, mentres fervía a pota, un baile tamén se bota. Veña! A bailar, a bailar! Verdá? Bailaba despois no aro dunha peneda. Si señor, esto foi o millor que poidemos facer. Todas, si.
Lois Pérez: Oíche! E,e,e e como, e que tal, que tal a experiencia de,e,e actuar fóra de,e,e?
Silvina: Moi ben, moi ben, moi ben, moi ben. A min ghusta/ Verdá, profe? Eu fun, mentres puden fun polo mundo tamén, sempre, si.
Ahora xa teño que coller un pouquiño de retirada porque... Pero bueno.
Ana Senlle: Mais cerca, verdá?
Silvina: Ya, ya, ya. Pero (...)
Interveniente: Pero a Lugo vas a ir.
Silvina: Pero moi bonito. Teño cinco netos e cinco bisnetos xa! Cinco bisnetos teño! Si. Estou orgullosa porque lles es/ Ahora xa sa/ xa miran a música nosa e xa, alghún xa baila porque, a maior xa ten nove anos; a miña, a miña neta ten nove anos xa, a maior.
Interveniente: Bisneta. Bisneta.
Silvina: E,e,e bueno, somos felices todos. Si, señor. Eso foi o millor que pudemos facer. Verdá?
Interveniente: E a viaxe a Argentina que tal foi?
Silvina: En Argentina? Bárbaro, bárbaro. E enseño as netas xa os que son ghrandiños, xa bailan comigho alá na cociña, xa damos un pases e vamos enseñando; os pequenos tamén hai que ir enseñándoos. E,e,e e tirar pa diante.
O cante e o baile dan moita vida. A min valeume moitísimo estar neste grupo. Verdá, profe? Si. Deume moito a vida. Si, de verdá que si.
Interveniente: E ti a nós tamén, Silvina.
Silvina: E moitos, moitos todos moi bos. Toda a xente bo/ Bárbara, bárbara. Non podemos, non podemos eso, facer máis do que se fixo. Verdá? Pero bueno e ahora seghir, os novos seghir, e tirar pa diante sempre que este, estes cousas nunca están por demais, o saber nunca está por demais. Todo o que sea de baile ou de cante ou de, do que sea. Verdade? Pintar, de coser, de todo. Si, si.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.