Dentro dunha marisqueira,
dentro dunha marisqueira
choraba un berberechiño
porque era tan grande a vieira
i el era tan pequeniño
i el era tan pequeniño
Ai la le lo ai la la la
Veñen as rapazas de Celas de Peiro
pola corredoira tocando o pandeiro,
e sempre cantando van polo camiño
e tocando a gaita vai o gaiteiriño
O muíño de Rosiña,
o muíño de Rosiña
moeche moi peneirado;
pide Farruco fariña
e Rosa dálle salvado
e Rosa dálle salvado
Ai la le lo ai la la la
Veñen as rapazas de Celas de Peiro
pola corredoira tocando o pandeiro,
e sempre cantando van polo camino
e tocando a gaita vai o gaiteiriño
Aparta loureiro verde,
aparta loureiro verde
deixa pasar as de Celas
veñen da feira de Peiro
de mercar unha pandeira
de mercar unha pandeira
Ai la le lo ai la la la
Veñen as rapazas de Celas de Peiro
pola corredoira tocando o pandeiro,
e sempre cantando van polo camino
e tocando a gaita vai o gaiteiriño
Veñen as rapazas de Celas de Peiro
pola corredoira tocando o pandeiro,
e sempre cantando van polo camino
e tocando a gaita vai o gaiteiriño
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.