Fita: Son Fita e,e,e son d'aquí, bueno non, son d'aquí e son d'alá. Esto, levo xa,a,a toda a vida aquí en Sanguiñeda i,i,i i nada pos nada é unha familia de,e,e de xen/, de, de cantores e cantoras porque ao meu marido pois tamén lle gusta moito cantar, tamén é músico; esto, nas reunións familiares pois sempre se cantou, i logo viñeron as, as mozas i, entón, pois aí con máis que teño que decir que non aprendín de,e,e do, do, sinón que aprendín eu, sinón que aprendín eu delas. Non, non aprenderon de min. Vaia! Porque bueno, na miña casa na xuventude tampouco era así de moito canto. Non? Pero cando vin para aquí todo eran festas. E a cantar e,e,e bueno! I, bueno, i entón, claro, despois eu e,e,e me, unha Asociación de Mulleres Rurais que eu fun tamén das fundadoras pois, bueno, facíamos moitas cousas, de costura, de viaxes, de,e,e de tal entón, un día dixo: "E non podíamos facer?" Porque Uxía en aquel momento estaba cas de,e,e as do Berbés, entón, pois nada, ela lle daba un curso alí e tal, e dixo: "Bueno, e nós se no Sanguiñeda?"
Isto, Uxía é de Sanguiñeda tamén, tíñamos que, a ver, convencela a ver si nos podía dar un curso tamén de, de cantos populares e tal. Efectivamente, pois falamos con ela e empezounos a darnos o curso i, bueno, ao principio se xuntou un montón de xente pero despois fou unha p'aquí outra p'alá e tal, pero bueno as que despois quedamos pois seguimos aí con, con. Entón, en pouco temo, dice: "No, no. Hai que gravar un disco." Dixe: "A onde vamos?" I,i,i i efectivamente.
Chegou un momento que xa ela non podía seguir dándonos entón foi cando empezamos con Ana i,i,i i nada, empezamos pos a ensayar e,e,e e a cantar. E bueno, teño que decir que aparte de,e,e que me encanta vir aos ensayos i aprender, claro. I,i,i esto, pero a min o que eu creo que a todas, a maioría o que máis nos gusta son as actuacións en direto.
Lois Pérez: Que vos, que vos dá esa?
Fita: Pois non sei, parece, ao mellor estamos nas probas de sonido e estamos, así, medio tal, no? Que non, estamos aí que dice: "Ai, que mal, estamos tal!". Subíamos ao escenario e iso xa estaba rodado. Perfeto. I a min polo menos, particularmente, o que máis me gusta son as actuacións en, en direto i,i,i i bueno, despois tamén me gusta moito que,e,e que esta xente como Paca, por ejemplo, que, que nos trasmite tamén cancións da súa, cando era nova, que hai cancións moi bonitas, i de xente que non aportou. Non? Isto, cancións así en galego, e,e,e e mui ben.
Cando tíñamos que elegir un nombre para o grupo, estaba daquela unha profesora do colegio d'aí de Sanguiñeda tamén con nós, esto,o,o e,e,e Julia, entonces, entón decía: "Bueno, a ver que nombre lle poñemos." Ela truxo unha lista, e nós queríamos un nombre de plantas, de plantas, así, silvestres e... Entón, das que truxo, tal, pois elegimos a malvela, que eu aínda teño alí na casa.
Interveniente: Pero por que malvela?
Fita: Porque é unha planta de,e,e que ten uns valores de, para moitas cousas, sobre todo para a muller. Si. Medicinal, bueno, que ten (...)
Interveniente: Para que? Para que se utiliza? A regla.
Fita: Si. Cando viña! ((Risas)) Si, para eso e para, non sei, ao mellor (...) Si. Ah! (...) Cando, cando se ten a regla, eses dolores de, de tripa i de todo, pois dice que era mui curativa, mui boa. I,i,i i eso tamén nos gustou, era unha cousa que nos interesaba.
Lois Pérez: Levádela bordada aí. Non?
Fita: Eh?
Lois Pérez: Levádela bordada.
Fita: Claro. Témola por aquí bordada. Si, eu téñoa na casa. É rastrera, corre que bueno! É mui rápida así como nós.
Cando sales da casa pois para ir ensayar, pois encantada. E ir ás actuacións, moito máis aínda. E a verdá que temos, recorremos toda,a,a toda Galicia e parte do estranxeiro. ((Risas)) Home que a Portugal fomos moitas veces. En Madrid, en, bueno! E o pasamos mui ben, mui ben. Nos viaxes, todas, facendo trasnadas.
A pesar dos anos que xa vamos tendo pois, a min, polo menos, me gusta, me gusta seguir cantando hasta que o corpo aghuante e,e,e e a voz responda. I bueno, sobre todo, pois eso, cantar en galego que hai cancións mui bonitas das que se cantaban antiguamente, bueno, nós nos cinco discos que temos, temos de todo. Temos cancións, esto,o,o populares, antiguas e,e,e de autor i de autoras e,e,e e bueno pois eso. Seguiremos aí mentras se poida.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.