Paca: Chámome Paca, non son d'aquí; creo que son a que, a de más lexos. Eu son das Pontes de García Rodríguez. Fai 49 anos que vivo no Porriño, por motivos de traballo do marido viñemos p'aquí pensando marchar e xa non marchamos. Xa vamos a morrer aquí!
Entonces eu quería aprender a tocar a pandeireta, que sempre me gustou pero tiñas fillos pequenos e non podías facelo. E despois dixéronme que a Ana [es]taba dando clase aquí en Mos, no Chan do Bosque, nun, nun, pue/ nunha aldeíña de, de, d'aquí de Mos, e fun p'alá. Chamábase o grupo Chan do Bosque, non? E aínda estuven aí varios anos, aprendín a tocar un pouco e cantar. Salíamos por aí co grupo, e despois Ana foi pa Porriño, tamén, a dar clase, alí, de pandeireta, e tamén iba, i viña a Chan do Bosque e iba a Porriño. Estaba nos dous laos.
Lois Pérez: Oíches Paca, pero xa, antes dixéchesnos que xa come/ xa nos falaches da escola, no? Víñache a afección da música.
Paca: Ai! Si. De toda a vida. Eh!
Lois Pérez: Xa cantabas de nena, no?
Paca: Si, cantaba de nena i na miña familia pois cantábase moito nas, nas festas patronales, cantábase moito. E eu desde pequena me, me gustou sempre a música.
Lois Pérez: Como era eso? Que cantabades? Que vos aprendían na escola?
Paca: Canta/ Cantabamos de todo.
Lois Pérez: Si.
Paca: De todo. As, as cancións que había de moda e algunhas antiguas que cantaba meu pai, cantaba algunha cubana porque estuvera en Cuba, e así. E despois ao vir p'aquí, metinme tamén no, no grupo de Fonteliño. Gravamos dous discos no Fonteliño, e depós un día Ana díxonos a catro, si queríamos vir pa Malvela. E non miramos nin p'atrás. Eu creo que todas, unha delas, a pobre, tamén, xa morreu, Susi e,e,e.
Lois Pérez: Oíche, pero tamén non, non sempre sería igual o feito de poder cantar en, na propia lingua, na lingua, na lingua (...) galega
Paca: Ai! Si, si porque eu sempre falei galego. Eh! Toda a vida! E íbamos á escola había que falar castelán, pero eu salía pola porta pa fóra o meu idioma era o galego porque foi o que aprendín desde que nacín, non oín doutra maneira. E aos aos meus fillos sempre lles falei, teño dúas fillas e un fillo, en galego. Eles falaban castelán, ao que foron más grandes que se deron conta, entonces cambiaron. Ahora falan o galego os tres. E os netos igual, tamén falan galego.
Lois Pérez: Parece que hai un pracer engadido o feito de cantar de xeito coral, de xeito grupal acomodar, acomodar unhas voces nas outras, a complicidade coas compañeiras. Como é esa?
Paca: Ai, eso! Aquí foi unha marabilla. Viñemos p'aquí fai doce anos pero elas xa eran veteranas, e acolléronos como si estuvéramos sempre con elas. Acoplámonos a elas de marabilla.
Eu creo que somos unha familia xa. Somos unha familia. Eu estou deseando que chegue o lunes pa vir pa o ensayo porque a veces falas máis do que cantas. A veces Ana tense que cabrear porque empezamos a falar e non paramos. ((Risas)) Pero,o,o pa min son todas marabillosas. Acolléronnos como si,i,i fóramos d'aquí. Falta Carmiña que sempre nos chama "As chulitas de Porriño".
Lois Pérez: Como é eso das "Chulitas de Porriño"?
Paca: Porque decía que,e,e que nós sabíamos todo.
Ana, ao millor, mándanos sacar unha canción: "Si, "As chulitas de Porriño", non ves? Esas xa saben, xa saben, xa saben todo". Pero de boa maneira, non?
E,e,e xa che digo, eu, pa min Malvela é todo. Logrei o que eu quería: cantar e,e,e. Porque é o que me gusta, creo que se volvera a ser nova, estudiaría música e iba tocar algún istrumento, pero ahora xa pasou.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.