Eu,u,u chámome Lina e,e,e son d'aquí, da, pretiño de, de onde estamos ahora ensaiando, aí ao lao, e,e,e bueno, po,o,orque,e,e miña amiga Fita me dixo que,e,e que fora, que había u,u,un u,u,un, como se chama? Bueno, u,u,un si, un cursiño de,e,e que o iba impartir Uxía de canto, i,i,i que fose e tal. Dixen eu: "Non, non tiña pensao, pero, si, mira, a ver se podo." E fun. E, bueno, bendito o día. Fun e gustoume e,e,e e desde aquela, que xa fai vinte e pico de anos, pois seguín, un día tras outro i,i,i i non faltei nunca máis que fose por enfermedade, si nón, pois, pois non faltaba. I gústame, gústame moito,o,o a música, as cancións; e,e,e apréndese da letra; apréndese de, de, das vivencias coas amigas, i,i,i para min é casi,i,i despois da miña familia, é unha familia máis.
Agora mesmo que, que unha de, de,e,e das nosas compañeiras partiu a unha vida mellor, i,i,i i estamos moi doídas, moi afectadas porque, porque para nós era un membro máis da familia e, e doinos moito. Non? Pero hai que seguir adiante e seguiremos con ela e,e,e e levándoa no corazón e no pensamento, pero como homenaxe a ela, pois, vamos a cantar con máis ganas, recordándoa, pero sempre que ela era moi alegre e esa vitalidade, pois queremos que siga connosco e que nos acompañe. I eu, de Malvela, estou encantada.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.