Eu chámome Teresa. Son das primei/ das primeiras tamén, como das fundadoras, e gracias a Uxía, que lle teño que dar as gracias porque,e,e pois a min viñéronme a buscar á casa, e me recordo sempre de Adela, da que faltou, porque ela foi a que me viu a buscar a casa po o grupo. Eu, neses momentos, non podía, entonces díxenlle que non, máis p'adiante que si. Pero, claro, despois foi pasando, pasando e non, non me cuadraba mirar a,a,a a nadie de Malvela. Entonces, un día, entereime de que iba, de que iban a cantar á iglesia, e fun á iglesia e dixen: "Teño que falar con Uxía." Te recordas, Uxía? E fun a falar con Uxía e lle dixen: "Uxía, pois, ahora me gustaría estar no grupo." Ela dixo: "Si,i,i. Encantada, Teresa!." E sempre llo estarei agradecida porque desde ese día pois me sinto realizada.
Poi,i,is a verdade é que estou encantada no, co grupo, e as compañeiras, bueno, que vou a decir delas porque para min son familia. A Ana encantadora tamén, unha profe marabillosa, que a quero de verdade e a Uxía tamén, e a todas, vaia.
E fomos a Buenos Aires, o pasamos de marabilla. Fomos a Expo a Zaragoza. Bueno, que vou a decir, a moitos sitios por aí. E cando gravamos o primer disco pois para min foi unha alegría inmensa. E, bueno, que vou a decir, que me encanta estar en Malvela.
Para min os lunes, estoy deseando que chegue o lunes, eu cando falto ao ensayo é por algo que realmente non podo vir sino é mui raro que eu falte aos ensayos. E Ana sábeo, porque non me gusta faltar. E no me gusta tampouco faltar, se podo, cando se pode cantar, ir a cantar, tamén, hasta teño perdido viaxes por ir a Malvela. Eh! Do IMSERSO, a veces, pero bueno outras veces vou, pero si pode ser pois non, non falto.
E que vou a decir! Que estou encantada, que, que bueno que é un grupo marabilloso, que me sinto moi realizada, e,e,e e que bueno, a ver si dura moitos anos.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 7 de decembro de 2022 en Sanguiñeda (Mos), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo e CEDRO.