Emilio Españadero: O que máis cambiou? A música que,e,e puñamos en Lume na palleira porque, ás veces, e,e,e a xente non se dá conta de como era, sobre todo a xente máis nova, non se dá conta de como era facer un programa semanal a comezos dos anos 90 de músicas de raíz, é dicir, a produción galega non daba pra facer un programa de dúas horas semanais porque iamos que estar repetindo moito os discos. Non había unha produción propia deste país que dera pra iso, polo cal moita música, sobre todo de influencia céltica e de inluencia atlántica era a que copaba, tamén, o tempo do programa. Había música galega pero había moita música irlandesa, escocesa, bretona, portuguesa; tiñamos que meter iso pra cubrir as horas de,e,e emisión. Iso variou totalmente, ou sexa, agora mesmo digamos que a música,a,a de fóra, sempre lle abrimos igual unha,a,a fiestra porque hai que ollar, tamén, o que está a facer os nosos veciños, valorar (...) para poñer en valor o que facemos aquí eu penso que sempre temos que mirar que é o que están a facer tamén fóra, pero é simplemente unha fiestra que abrimos. Hoxe en día, o 99% da música que soa en Lume na palleira, pódome enorgullecer de que é música galega, non hai practicamente, e iso, son pingas porque tamén son necesarias, e tamén nos gusta atender á xente, temos moitas amizades tamén no mundo das músicas de raíz doutros lugares da península ibérica e doutros lugares máis aló, e dámoslle, dámoslle tamén cobertura pero, por suposto, menor porque o peso que ten a música galega agora mismo en Lume na palleira é iso, do 99%, e con overbooking de,e,e presentacións habitualmente. Antes de que nos caera a pandemia, eu estaba dando un turnomatic, que é un dos chistes que temos de: "Ti que número colles no turnomatic?" Porque esto é como cando vas a o supermercado, non? Se vas ir á pescadería pois colles número. Pois, se vés a Lume na palleira vas sacar un disco, vai collendo número rápido.
Os grupos, evidentemente, si/ seguen a ter presente esas referencias históricas de Fuxan, de Milladoiro pero, hoxe en día, eu creo que hai unha liberdade moitísimo máis ampla. Foise dando unha grande liberdade, parte tamén de que haxa hoxe en día, tamén, tanta produción, ten moita responsabilidade, tamén, os cambios tecnolóxicos, é dicir, cando,o,o os tempos dos históricos, gravar un disco, incluso nos anos 90, a principio dos anos 90 pra gravar un disco, unha discográfica que era unha cousa pra os novos que existía, existían compañías discográficas que gravaban os discos dos grupos pero tiñan que apostar por ti (...)
Antonio Reigosa: Xa.
Emilio Españadero: Tiña que haber unha aposta polo que ti ofrecías, e que eles che gravaran un disco. Ninguén, por fóra dunha compañía discográfica, conseguía os cartos suficientes pra poder gravar o seu disco. Hoxe en día, a nivel tecnolóxico, a cousa mudou totalmente. Hoxe en día, os estudios son autoestudios, autogravas o teu traballo discográfico. É fundamental pra bo e pra malo porque os cambios tecnolóxicos sempre teñen a súa cara A e a súa cara B; a súa parte moi boa e tamén, pois por suposto, as cousas malas que todos e todas coñecemos, pero,o,o digamos que antes en Lume na palleira e,e,e non había,a,a digamos, unha peneira porque a produción era tan pequena que todo, todo entraba no programa, e home, poucos anos despois do comezo do programa, digamos que si, xa se empezou a poder peneirar, xa comezou a agromar de verdade a música e a vitalidade dos grupos deste país, e xa se puido facer iso que era tamén importante porque non se pode tampouco seguir sempre con todo vale.
Autor/a da transcrición: e~xenio