Emilio Españadero: En realidade, o que acontecen son casualidades; son casualidades que van dando en que desemboquen nun programa de radio, pero non foi unha idea premeditada, imos facer un programa de radio. E detrás da barra,a,a da Cova Folk, aparece un amigo meu dos tempos de rapaz, Javier Nikopol, toda unha institución tamén na Coruña, na hostelería, na música, nas artes plásticas; aparece pola barra,a,a do bar e proponme, dime: "Home, e eu estou a facer un programa nunha emisora a nivel local". O programa chamábase Aldea Cero. "Por que non vés un día,a,a e se queres convida alguén d'aquí, e vides ata o programa, traedes os discos que vos queirades, poñedes a música que poñedes aquí normalmente e tamén lle facedes publicidade a o local".
Esa foi a primeira das casualidades. Digo: "Home, pois espérate que llo vou comentar aos que eran os meus xefes, principalmente a Bieito: "Home, mira, fixéronme esta proposta. Que che parece? Vamos un día,a,a".
E fomos un venres a facer unha Aldea Cero dedicado á música folk, á música tradicional; levamos nós os discos que nos apeteceu e fixemos ese programa alí con Javier Nikopol. A sorpresa foi que á semana seguinte o que nese momento era director desa cadea,a,a de radio,o,o desa emisora de radio na Coruña, que é un compañeiro da,a,a Televisión de Galicia, Santiago del Valle, apareceu pola porta,a,a novamente do local para comentarme que home, que escoitara o programa, e que lle prestara moito; e que por que non nos animábamos a facer un programa semanal, por exemplo. E a cousa pois aí dá de novo a casualidade, e digo: "Pois home, voullo trasladar a quen o fixo comigo tamén. Vámolo plantexar a ver!".
Por iso che digo, non foi unha cousa pensada.
Antonio Reigosa: Xa, xa, xa.
Emilio Españadero: De decir (entre) os dous vamos facer un programa de radio. Non, o programa de radio púxosenos diante. É dicir, non había ningún espacio, neses momentos nas ondas, que estivese a apoiar as músicas de raíz deste país. Alguén ten que facelo!
Na que coindimos a que nese momento era xefa de programas da Radio Galega, Isabel Freire, que tiña escoitado,o,o o programa, que lle interesou o,o,o programa e fixo a oferta. Fíxome a oferta de por que iso non deixades de facelo nesa,a,a emisora que só ten capacidade a nivel local, e o vides facer á radio pública do país. E home, a oferta valorámola, eu trasladeilla,a,a de novo, trasladeilla,a,a a o meu compañeiro nese momento,o,o aínda, e valoramos e dixemos: "Home, evidentemente, outra oportunidade que non se pode deixar pasar; pasar do local a ter unha cobertura pra todo,o,o o país". Eso foi, digamos un grande paso que demos a nivel de,e,e (...)
Antonio Reigosa: Fundamental.
Emilio Españadero: Programa de radio,o,o dedicado á música de raíz, era unha cousa que ao principio nunca contabamos con decir: "Como imos chegar a ter o programa, este mesmo programa trasladalo á radio pública, que teña cobertura en toda Galicia". Era algo que non se (...) por eso che decía, todo foi cúmulo de casualidades. O esforzo xa que,e,e tivéramos de catro anos, pois si, veuse algo recompensado con que a radio pública e, concretamente, Isabel Freire, como xefa de,e,e programas, decidira apostar por ese produto, por ese programa, levalo á radio pública, e alí comezamos a andaina, digamos xa, mái,i,is longa de Lume na palleira, pois vintecatro temporadas, tempadas radiofónicas máis. Que xa sumamos vinteoito!
Poucos cambios de días de emisión, normalmente, sempre na,a,a fin de semana. Normalmente, era,a,a os sábados; nos últimos anos foi criterio de dirección pois cambialo pra o,o,os domingos, e houbo tempadas que facíamos sábado e,e,e domingo, tiñamos dúas horas o sábado, unha o domingo, pero basicamente sempre foi aí na tarde,e,e da fin de semana, un día ou outro, sábado ou domingo, aí sempre a xente tiña o costume de conectar con Lume na palleira pra escoitar a música deste país.
Autor/a da transcrición: e~xenio