Emilio Españadero: Os músicos, hoxe en día, son músicos formados musicalmente; viñamos dos vellos gaiteiros que todo era aprendido de oído, todo era de oído. Houbo unha loita moi grande porque a música deste país, a gaita en principio que era odiada polos conservatorios, ou sexa, nos conservatorios falarlles a os músicos de,e,e da chamada música culta, da música clásica, falarlles dunha gaita aquelo era falar do demo. Eso non podía,a,a entrar. Aí, hai que recoñecer o traballo de moitísima xente pero,o,o a min, gustaríame sobre todo poñer en valor o traballo de Enrique Otero. Enrique Otero foi básico, en Vigo, no conservatorio pra que a música da gaita se recoñecera, e que entrara como un instrumento máis, e hoxe en día temos unha titulación. Xa temos titulación de grao en instrumentos populares galegos ou sexa o cambio é bestial. O cambio é do día á noite de ter que aprender, pois iso, de oído directamente a ter xa unha formación (...)
Antonio Reigosa: Formación (...)
Emilio Españadero: Certamente reglada (...)
Antonio Reigosa: Instrumental (...)
Emilio Españadero: Claro.
Antonio Reigosa: Voces.
Emilio Españadero: En, a tódolos niveis.
Antonio Reigosa: Nese sentido...
Emilio Españadero: A tódolos porque antes ti querías aprender, tiñas que ir pois a algunha asociación ou, sobre todo, os que máis músicos formaron foron os coros. Os coros históricos cumpriron un papel fundamental, tanto de arquivo como tamén de formación de moitos músicos, moitos gaiteros naceron aí, moitas voces saíron de aí. Despois fóronse,e,e creando novos grupos (...) Vólveme á memoria meu pai que cando,o,o estabamos en Francia era de Cántigas da Terra pero cando nos viñemos pr'aquí era máis de Follas Novas. Iso na Coruña era un problema, iso era un problema por/ ti sabes que hai os localismos, eh! As tribus tamén existen aí, e claro, meu pai pois era máis nese,e,e momento de volver pr'aquí, de Follas Novas; de Folerpa que foi un grupo que naceu, digamos, pois un pouquiño,o,o coa idea,a,a de,e,e Fuxan, da, entre Fuxan e A Roda, digamos, unha cousa, un híbrido entre os dous grupos pero dentro de xente que era de Follas Novas montaran aquel Folerpas, eran amigos persoais ademais do,o,o do meu pai pero a cousa nacía por aí. Hoxe en día, pois e,e,e o que quera,a,a recibir clases de calquera,a,a dos instrumentos ten posibilidade.
Antonio Reigosa: Si.
Emilio Españadero: Incluído os instrumentos que naquel momento, pois home, e,e,e a arpa viamos a Rodrigo Romaní tocala.
Antonio Reigosa: Si. Unha rareza.
Emilio Españadero: E viamos a Emilio Cao (...)
Antonio Reigosa: Si.
Emilio Españadero: Pero a quen máis vías ti tocando un arpa? Quen che podía ensinar a tocar un arpa? Era complicadísimo. Era complicadísimo dende o punto de vista tradicional, ti podías ir aprender a arpa no conservatorio, pero non era o mesmo. O mesmo co violín, o violín non era o mesmo e,e,e recoller de Florencio que ir ao conservatorio, ou sexa, non hai color, entendes? Pancho Álvarez, por exemplo (...)
Antonio Reigosa: Xa.
Emilio Españadero: Si recolle toda a esencia de,e,e (...)
Antonio Reigosa: Si. Claro.
Emilio Españadero: De Florencio, e moitos outros violinistas pois foron asimilando o que era o pouso tradicional (...)
Antonio Reigosa: Si. Si.
Emilio Españadero: Pero hai un camiño aí moi grande e moi importante camiñado, aínda que hoxe non podamos dicir que estamos absolutamente normalizados porque non o estamos, quédanos camiño por andar, pero dende logo os pasos foron de xigantes, e parte é iso, o ensi/ o ensino reglado e o ensino recoñecido oficialmente dentro dos instrumentos populares galegos. Iso foi fundamental.
Eu aí recollo o que,e,e me dixo alguén moi apreciado que foi Xosé Manuel Seivane, qu'el dicíame e,e,e: "Os músicos ao principio levaban o que ti lles dabas. O músico chegaba do,o,o obradoiro, pedía unha gaita e levaba a gaita que ti lle preparabas. Home, ti preparábaslla con cariño e preparábaslla o mellor que,e,e sabías pero el levaba o que ti lle dabas; e os músicos, hoxe en día, xa piden". (Os) músicos, hoxe en día, e,e,e, piden e esixen.
Antonio Reigosa: Esixen.
Emilio Españadero: Esixen. Esixen tonalidades, esixen feituras, existen, esixen unha serie de condicións no seus instrumentos que antes no,o,on se imaxinaba un, un luthier, un artesán antes non imaxinaba que lle foran andar pedindo esas cousas; hoxe en día, iso tamén mudou totalmente. Están as zanfonas electroacústicas. Algúns, e,e,e eu teño claro que se a Faustino Santalices e,e,e lle pos diante unha,a,a zanfona electroacústica, non sei se tería os seus máis e os seus menos (...)
Antonio Reigosa: Incluso (na gaita)
Emilio Españadero: Con iso. E,e,e o seu fillo desde logo tiña os seus menos porque puidémolo,o,o falar, xuntos, o fillo de Faustino Santalices e eu, puidemos tratar ese tema, e el non era moi partidario diso, pero, evidentemente as novas tecnoloxías afectan absolutamente todo, a todo; a o ensino, aos propios instrumentos, a o xeito, incluso de da-las clases. Tivemos que vivir agora clases virutais!
Antonio Reigosa: Claro.
Emilio Españadero: Clases virtuais, houbo que dálas!
Antonio Reigosa: Si.
Emilio Españadero: Os mestres déronlle a os seus alumnos de,e,e distintos instrumentos as clases a través da Rede porque non podía ser xa presenciais. E,e,e hubo que adaptarse e a xente adaptouse, e esas clases adaptáronse. Todo iso é a parte boa das novas tecnoloxías.
Autor/a da transcrición: e~xenio