Emilio Españadero: A Cova Folk, eu fun o encargado dese,e,e local, nove anos, entre o 92 que se,e,e formou ese local, que se puxo en marcha ese local, aos pouco meses xa comecei eu alí a traballar, ata o 2001. Un lugar no que se concentraba toda a música de raíz da cidade.
Antonio Reigosa: Cantos concertos non habería aí? A tira, non?
Emilio Españadero: E de todo.
Antonio Reigosa: E de todo tipo.
Emilio Españadero: E de todo tipo. Principalmente, por suposto, música de raíz, pero home (...)
Antonio Reigosa: Pero había de todo.
Emilio Españadero: O de poder ver a Paco Ibáñez (...)
Antonio Reigosa: Por exemplo.
Emilio Españadero: Pois á distancia que che teño a ti,i,i cantando, pois aquelo,o,o (...) Tiña moi pouquiño aforo pero nos metímonos moitísima xente alí. Hai unha gravación desa noite máxica alí na Cova Folk, Paco sudaba que,e,e era unha marabilla porque daquela, in/ inda por riba, non había nin o inxector de aire, non había aire, e había que pecha-la porta, aquelo nin siquera se publicitou.
Antonio Reigosa: E fume.
Emilio Españadero: Foi unha cousa boca a boca (...)
Antonio Reigosa: E fumando.
Emilio Españadero: Porque non (...) Si. Porque non se podía,a,a avisar á xente anticipadamente de que había estar Paco Ibáñez.
Antonio Reigosa: I, aparte (...)
Emilio Españadero: Porque entón podíamos ter un problema,a,a (...)
Antonio Reigosa: Concertos memorables?
Emilio Españadero: Leilía, Treixadura, Capercaillie por falar d'alguén de fóra, Shooglenifty, moitísima xente pasaron por alí. As noites celtas foron concertos que organizabamos tamén (...) dende un clube que organizamos dende A Cova Folk; organizamos unha pequena asociación cultural pra poder levar adiante eses concertos, e que houbera algo de música de raíz en directo,o,o (...)
Antonio Reigosa: E onde se facían os concertos?
Emilio Españadero: Na cidade. Comezamos facéndoos no, no teatro do colexio Salesianos, que mira ti por onde, aí naceu Milladoiro, a primeira actuación de Milladoiro, pois nós dixemos: "Por que non empregamos tamén ese teatro?"
Antonio Reigosa: Referentes
Emilio Españadero: E, aí, o,o,os fomos facendo varias das noites. As primeiras noites folk facíanse alí. Despois conseguimos colaboración do Concello, e a última que se fixo, fíxose no Palacio da Ópera. Viñeron o,o,o algunha xente de Asturies, e,e,e os Miro que viña,a,an, parte de Nova Zelanda, parte de Escocia, pero xa che digo, era bastante lío chegar a organizar ese tipo de concertos a tódolos niveis. Eran moitos, moitos problemiñas os que chegaba a dar a organizació,ó,ón desas noites celtas aínda que,e,e quedaba un bo gusto. Ao final, a cousa sempre saíu ben.
A colaboración co,o,o Galicia Hoxe, fixérase a páxina Lecer tódolos domingos no suplemento (...)
Antonio Reigosa: Feitizo de sons.
Emilio Españadero: Feitizo de sons, puxéralle de nomes, creo que sobre o 2003 debeu comezar, e foron uns cinco anos, seis anos os que estiven facendo esa páxina que a xente dicía: "Home, é unha páxina, tampouco é tanto!" Eu dicía: "Pero unha páxina tódolos domingos falando de música
Antonio Reigosa: Si, home, si.
Emilio Españadero: Tampouco penses ti que é tan doado facela! Ou sexa, hai que buscar. I, excepto algunha vez que se facía incluso con dúas entregas, porque home, Faustino Santalices eu sempre lle tiven un cariño moi especial, e hubo,o,o pois dúas entregas, parte 1 e parte 2 que llas quixen dedicar ao grande Santalices porque penso que ben que o merecía e algún outro, por aí, tamén se fixo pero principalmente era pegado á actualidade musical ou discos que se publicaban, os traballos que estaba a facer a xente, pero na actualidade.
Autor/a da transcrición: e~xenio