Emilio Españadero: Veño pra outro mundo porque a min había moitas cousas que me chamaban poderosamente a,a,a atención. De feito, eu alí estudiaba na escola pública e,e,e estudiaba co,o,on xente de cor, con xente negra, comigo, e aquí deso non había. Diso non había, e de feito teño unha anécdota tamén moi curiosa que é a primeira vez que me levan a ver aos Reis Magos ((Risas)) porque esto en París non existía. En París, existía Papá Noel pero os Reis Magos eran descoñecidos. Aínda que a min meus pais trataban de manterme a,a,as, os costumes, digamos, as tradicións d'aquí, e me facían a cuestión dos Reis Magos, eu estaba encantao, tiña agasallos dous días, eh! pero,o,o era unha cousa que a min non mee,e,e non me era familiar. E a primeira vez que me levaron a,a,a María Pita, a ver aos Reis Magos, e,e,e aos rapaces d'aquí, ao mellor, lles colaba que un rei mago,o,o negro fora pintado pero, a min, eso non me colaba, ou sexa, eu convivira con rapaces negros, entón, claro, cando me puxeron na,a,a no seu colo, eu o primeiro que fixen foi decirlle: Pero ti non es negro! E botar a man e tocarlle na cara. Sacáronme d'alí fungando porque se armou, claro. Sacáronme d'alí. Nunca máis me levaron aos Reis Magos, eso tamén é certo. Nunca máis me levaron.
Era bilingüe ou trilingüe, trataba de,e,e (...)
Antonio Reigosa: Bueno, pero (...)
Emilio Españadero: Facer o que,e,e podía (...)
Antonio Reigosa: Bilingüe.
Emilio Españadero: En, e,e,en tres idiomas, ás veces, pero,o,o tiña unha cousa que,e,e cabreaba un pouco aquí á xente, era que aquí todo era o conto de: "Fálanos en francés". Eu, aquí, negábame a falar en francés. En cambio, en Francia, excepto cos meus pais na casa, non falaba,a,a castelán ni galego. Pola rúa con quen me dicía: "Ah, pero español, a ver fala en español!" Non. Eu non sei por que exactamente. Debía ser un mecanismo,o,o infantil, non sei, pero de decir, alí, só falaba francés; aquí, só falaba castelán ou galego.
A música popular galega o meu primeiro contacto é, concretamente, en Francia porque meu pai tódolos veráns viñamos aquí. Viñamos de veraneo, e meu pai sempre marchaba pr'alá, como mínimo, cun par de discos de música galega. Principalmente, teño que recoñecerllo, Cántidas da Terra, un dos nosos coros históricos, foi do primeiro que eu escoitaba tódolos domingos, sábados e domingos, cando meu pai libraba, unha das aficións que tiña era a poñer música. Por suposto, música francesa, tamén, que compraba música d'alí,í,í de donde viviamos, pero, sempre, levaba os discos cada ano, xa che digo, mínimo dous, ás veces, incluso algún máis dentro do que podía atopar que a produción discográfica tampouco era,a,a (...)
Antonio Reigosa: No.
Emilio Españadero: Tan grande, pero el sempre levaba música,a,a galega pra, pra París, e alí a escoitabamos os domingos pola mañá, sobre todo, eran as sesións musicais que puña meu pai, e aí foi o primeiro contacto que tiven coa música,a,a deste país que me chamaba poderosamente a atención. Gustáballe a música e,e,e exercía de bo galego. Gustáballe a música do seu país (...)
Antonio Reigosa: Xa tiñas, digamos, unha influencia familiar (...)
Emilio Españadero: E botaba unha pequena bágoa,a,a ás veces, con certas pezas en concreto. Eu, musicalmente, sempre fun mui ecléctico. E, ao millor, as músicas que el me puña,a,a alí, esas músicas francesas, e,e,e Moustaki, Jacques Brel, el púñame esas cousas e a min tíñanme un pouco har/ un pouco farto .
Antonio Reigosa: Pero teu pai era un revolucionario!
Emilio Españadero: Pero,o,o (...) Si, un pouco si. Un pouco, si. Un pouco, bastante. E,e,e pero despois é un pouso que sempre quedou aí. E eu o que, o que bota hoxe en día a bágoa cando escoita ese tipo de música, son eu porque quedou aí o pouso, e o pouso da música galega si entrou, aí, totalmente. Eu tamén tiña (...) Tamén (...)
Antonio Reigosa: É unha semente.
Emilio Españadero: Tamén tiña os seus discos.
Antonio Reigosa: Lóxico.
Emilio Españadero: Tiña Pierre et le loup, e,e,e gustáballe escoitar a, o canto de Pedro e o lobo coa orquestra por detrás; tiña certos contos musicais infantís, e home, tamén quería que lle puxeran a súa música, pero dende logo o traballo que fixo meu pai estivo moi ben feito porque o pouso quedou aí.
Autor/a da transcrición: e~xenio