Emilio Españadero: Aquí, digamos, poderíamos decir que hai un pequeno salto, xa, atá o tempo da morte do dictador, o tempo de que comezan o,o,os concertos, o tempo en que empeza a bulir a actividade,e,e musical, a min non me correspondía, por suposto, Voces Ceibes era demasiado pequeno, ademais cando Voces Ceibes comezou aquí eu estaba en París; eu estaba no maio. Pero,o,o aí xa foi cando empecei a tomar contacto pois cos grupos xa de referencia; os grupos míticos neses grande,e,es concertos inesquecibles no monte de santa Margarida, no parque de santa Margarida nese anfiteatro, pois vendo a Fuxan os Ventos (...)
Antonio Reigosa: Quen era? Efectivamente.
Emilio Españadero: Vendo a Milladoiro, por suposto, foron tamén un grande referente; Emilio Cao (...) Cando comezou todo o movemento da música celta e da música tamén da canción de autor posterior a Voces Ceibes, Viviano e Benedicto, pois tamén foron uns referentes grandes. Eu estiven naquel concerto famoso, que hai a gravación do ano 76, pedindo a liberdade de Santiago Álvarez, pois eu era, digamos, así como unha media mascota dalgunha,a,a organización, e alí, nese pavillón dos deportes da Coruña (...)
Antonio Reigosa: Bueno, pero era pouco máis (...)
Emilio Españadero: Tiven a oportunidade d'estar.
Escoitaba moitísimas músicas. De feito, tiña problemas porque no tempo no que había as tribus urbanas que esto hoxe o,o,o dis e,e,e ao millor, a rapazada di: "Tribus urbanas, eso que é?" Pero bueno, pois había os heavys, tiven a miña época heavy, de melenas; só queda aquí un rastro pequeno ((Risas)) por aí detrás, a alopecia foi unha das herencias, aparte da musical, tamén foi unha herencia paterna, pero houbo esa época, pero eu tiña problemas cando viñan os que eu lles chamaba os cabezas cadradas musicais, os da secta, pois, claro, chegaban á casa e eu tíñalles que indicar donde tiña a miñá colección de vinilos, tíñas que indicar: "Ti, de aquí a aquí; nin pases pr'alí nin pases pr'alí porque podes levar sorpresas". E non facían caso.
Eu podía ser, digamos, recoñecido como dunha da,a,as tribus pero, en realidade, eu escoitaba de todo.
O Son da terra foi un colectivo musical que fixo, pois un traballo bastante decente no seu momento, e foi o primeiro,o,o (...)
Antonio Reigosa: Na Coruña?
Emilio Españadero: Si. Foi o primeiro grupo no que a min me engancharon e me dixeron: "Ti tes que aprender a tocar algo. Vámoste poñer a que nos leves o ritmo, vas coller un bombo, vas aprender a tocar e vámoste meter polo medio".
A miña estrea foi no primeiro Domingo das Mozas no que participou a Asociación de,e,e Gaiteiras e Gaiteiros Galegos, alá en Lugo, e,e,e ano 92, e aí me meteron pero co,o,on catro clases.
Tiven unha experiencia,a,a así,í,í algo complicada porque fomos tocar pola mañá, [es]tivemos a tocar pra un lado pra outro, teño que dicir que estaba de reenganche porque daquela xa traballaba tamén en hostelería, traballaba na Cova Folk; houbo unha noite complicada, e eu aparecín alí de reeenganche, ou sexa, sin durmir nada, máis que dándome unha ducha, tira pra diante e vamos continuar. E,e,e fomos tocar por onde nos tocaba estar, por unha das portas da muralla; fomo,o,os xantar que daquela xa, ese ano xantabamos tódolos grupos (...)
Antonio Reigosa: Xuntos.
Emilio Españadero: Xuntos, despois eso variouse, xa cada grupo ía polo seu lado, pero daquela fixérase así, todos xuntos. Fomos tocar de novo pola tarde á porta que nos correspondía, pero,o,o atopámonos con Emilio do Pando, cos vellos da Fonsagrada e metímonos alí nun restaurante, eu cedín o bombo, por suposto, pero,o,o digamos que a experiencia foi complicada cando de repente me dixeron non, non agora imos ir tocando nós e nos tedes que acompañar. E,e,e entón a min tocoume coller o bombo pra acompañar a os vellos da Fonsagrada.
Foi entrar, baixar pra a praza de,e,e santa María, Patxi Bermúdez co tambor, eu co bombo diante, e os vellos detrás coas gaitas. Eu cando cheguei abaixo dixen: "Bueno, hoxe coroeime. Xa esto, o de hoxe, xa é de nota! Se toquei con estes e non a liei, pois xa me podo dar por contento!".
Derivou, moitos dos que,e,e estabamos aí, derivou no que despois foron Os Rexumeiros que foi banda de gaitas (...)
Antonio Reigosa: Esa era banda.
Emilio Españadero: En Elviña-Castro, aí estaban tamén Bieito Romero, Patxi,i,i Bermúdez; aí estivo tamén Susana Seivane, aí estiveron os compañeiros de Leioloio, aí estivemos, Sonia Lebedinsky, é dicir, aquelo foi u,u,un agromar de xente, un xermolo de moitísimas traxectorias, despois, paralelas e persoais.
Autor/a da transcrición: e~xenio