Emilio Españadero: Dende logo, nas case tres décadas de,e,e Lume na palleira as dúas cuentións vitais pra min máis importantes son o,o,o incontable número de amizades entre o mundo da música que podo preciarme,e,e de ter, creo que somos amigos máis que eu,u,u un locutor de radio e eles uns músicos que van presentar un traballo, creo que xa somos unha familia, somos unha auténtica familia musical ao redor de Lume na palleira, e parte fundamental desa familia de Lume na palleira, por suposto, son a audiencia; os oíntes, as oíntes que cada domingo están aí, escoitándonos en directo porque iso temos sempre o termómetro do teléfono, excepto cando pandemia,a,as nos veñen enriba, o teléfono está sempre aberto, sempre facemos (...) Os grupos, dentro da súa xenerosidade sempre traen algún exemplar pra facer o sorteo, e aí, imos, tamén, tomándolle o pulso á audiencia. E eu creo que unha das cuestións que máis me dan orgullo é poder dicir que temos unha fidelidade á nivel de audiencia que a min, ás veces, sorpréndeme absolutamente. Hai xente nova, nova, mui nova cando comezou a escoita-lo programa, que hoxe en día xa non son tan novos, pero que me comentan que inda teñen programas gravados en casetes, ou sexa, é xente que de repente se pon en contacto contigo, que ao millor non chamou nunca, pero hoxe coas novas tecnoloxías tamén que volven outra vez adiante, pois a través do facebook, a través desas mensaxes a través do correo electrónico póñense en contacto contigo de: "Eu escoitaba o programa pois no ano 93, no ano 94; teño cintas de caset, hoxe en día, sígovos escoitando. Eso é algo marabilloso.
Antonio Reigosa: Si, si.
Emilio Españadero: A xente que xa daquela era maior, e hoxe un pouquiño máis maior, seguen aí, tamén, e vanse incorporando novos oíntes. A min, eso é o que máis me enche de orgullo de dicir, e,e,e: Estamos vivos! Estamos vivos!
Antonio Reigosa: Pois si claro, é que é fundamental.
Emilio Españadero: Temos aí á xente.
Antonio Reigosa: É fundamental.
Emilio Españadero: E a,a,a marca fundamental é isa. Despois pódese controlar, pois hoxe en día, supoño que hai,i,i xeito de saber canta xente descarga un podcast, desde onde, todo iso pódese pero pra min o contacto directo da xente que ás cinco da tarde do domingo sei que está ao outro lado do seu reprodutor, sexa cal sexa, o do coche, o da casa, saber que aí, ao outro lado, está a xente en directo escoitándote eso é pra min é a verdadeira maxia que ten Lume na palleira.
A radio é vida, a radio necesita vida, necesita que haxa vida ao outro lado; vida no estudio hai pero necesita saber que ao outro lado hai vida, entón a maio,o,or o mellor xeito de sabelo é iso, cando abrimos os teléfonos. Decimos: "Veña, pois temos aquí un par de discos pra sortear, a ver home, chamade a este número". E, de repente, vemos ao técnico que,e,e se volve medio tolo ás veces, téñolle que estar moi agradecido aos meus técnicos porque fan de todo, fan de todo contra vento e marea, pero ás veces vólvoos tolos porque esto dos sorteos, ás veces, supéraos.
Antonio Reigosa: Chamada, chamada.
Emilio Españadero: Porque un e outro e outro, e mentres controla a emisión e colle outra, e colle outra e colle outra, e de verdade, ou sexa, superamos unha,a,a nunha ocasión as sesenta chamadas, en dúas horas de programa unha soa persoa atendendo a iso e atendendo, que non podía collelas todas.
Antonio Reigosa: Unha locura.
Emilio Españadero: Entendes? É dicir, eso é unha marabilla porque ás veces cando comezas nisto e,e,e pensas: "E haberá alguén ao outro lado escoitando agora mesmo?" ((Risas)) Eso creo que é unha pregunta que toda a xente que,e,e facemos radio nalgún momento nos pasou pola cabeza, de: "A ver eu estou falando aquí, eu estou presentando isto, pero alguén me estará escoitando (...) alguén estará ao outro lado escoitando?" Temo-la demostración.
Dentro do anecdotario de Lume na palleira pois está moi marcado un grupo que veu presentar unha maqueta e,e,e eran tres temas, eu dáballes media hora pra falar, non? Pois dicir, home, escoitamos esas tres pezas, non eran moi longas, e,e,e ben, pero vamos ter unha conversa,a,a non? O que dicía, darlles pulo aos que comezan e tal, darlles e,e,e acabaro,o,on tendo un alcume, eran o grupo monosilábico. ((Risas)) É dicir, e,e,e non sei se foi unha batería como de vintecinco preguntas que,e,e fusiláronas (...)
Antonio Reigosa: Si?
Emilio Españadero: En menos de cinco minutos.
Antonio Reigosa: Non me digas!
Emilio Españadero: Porque era: "Si, non, ben". ((Risas)) E eu, claro, trataba de tirar un pouco, é dicir: "Pero ben con algún matiz?" ((Risas)) "Non. Ben".
Ou sexa, e,e,e a cousa foi un pouco,o,o patética porque cando publicaron o disco chamaron e chamaron dicindo, comprometéndose,a que non repetirían o erro que cometeran porque todo o mundo lles dicía o mesmo: "Pero vós nos sabedes que se ides á radio o tempo é ouro? Pois vós tirastes con todo. Ou sexa, Emilio estábavos dando toda a oportunidade, e vós que fixestes?" E os tipos recoñeceron, e si, viñeron (...)
Antonio Reigosa: Bueno.
Emilio Españadero: E foi unha conversa xa moito máis (...) Eu supoño que tamén era cuestión dos nervios (...)
Antonio Reigosa: Mal de novicios!
Emilio Españadero: Os nervio,o,os na xente nova tamé,é,én gasta,a,an malas pasadas.
Eu penso que a importancia,a,a fundamental destes premios é pra toda esa,a,a xente que viu recoñecido algo que eles non pensaban que nalgún momento tivera un valor tan alto, tan de ser recoñecido pola sociedade deste país. Falo de moitos dos que foron homenaxeados, non falo do meu caso, que eso sería moi discutible, pero,o,o no caso de moitos dos que foron, moitos e moitas das que foron nomeadas e nomeados Mestres da Memoria, máis que merecidamente, e moitos deles eran persoas anónimas, verdadeiramente anónimas, que non eran coñecidas, e isto serve tamén pra darlles visibilidade, e que pra que eles mesmos sintan ese recoñecemento desa grande labor que fixeron aínda que non foran ni siquera conscientes de que a estaban a facer. Eu creo, por exemplo, Dorothé Schubarth non era consciente no momento en que fixo o Cancioneiro (...)
Antonio Reigosa: No.
Emilio Españadero: Do que era iso, por exemplo, por poñer un exemplo. Unha muller ademais vida de fóra, que chega a Galiza e fai o traballo que non se fai aquí; o traballo que ninguén está a facer aquí faino ela, unha muller que dá, pon en valor todo o patrimonio deste país.
Outros que,e,e foron tamé,é,én homenaxedos, pois os nosos mayores, eu creo que iso tivo que encherlles (...)
Antonio Reigosa: Si.
Emilio Españadero: Totalmente, de alegría, ver que alguén recoñecía ese traballo. (E) dice: "Pois home, o que fixen, o que fixen valeu pra algo. Alguén está a darlle valor, alguén está poñendo en valor toda esa transmisión, toda esa transmisión que eu pois tampouco ao millor eu era consciente de que tivera tanto valor pra alguén. Tiña valor pra min, tiña valor pra o meu círculo, pra os meus achegados". Pero que veña, pois, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e poña iso en valor, eu supoño que a todos eles tivo que chegarlles moito ao corazón.
Autor/a da transcrición: e~xenio