Emilio Españadero: A nivel de difusión, eu dos que sempre me,e,e lembro e pois de,e,e toda a xente da diáspora, a xente do outro lado do charco que cando viñan aquí, eu lémbrome de falar con discográficas, coas poucas discográficas galegas coas que contabamos, e xa falo en pasado porque agora mesmo está a cousa xa, practicamente, desaparecida, e,e,e falar con eles pra que home, que lles pasaran material (...)
Antonio Reigosa: Claro.
Emilio Españadero: Que viñan d'alá pois pra que espallaran, por alí, tamén pola Arxentina, polo Brasil, e levaban as maletas cargadas, quitaban as caixas pra que pesaran menos. As caixas, digamos que era algo pois que non era tan necesario, simplemente disco e carpeta, a información e a música, pero tiña que ser nese formato porque eles o que comentaban era: "A nós gustaríanos recibir alí a música que facedes en Galiza pero é que simplemente o envío cóstanos cinco ou seis veces máis que o que costa o disco".
Antonio Reigosa: Si, claro.
Emilio Españadero: Entón, eso era un problema moi grande. Ese problema superouse tamén.
Antonio Reigosa: Si.
Emilio Españadero: É outra das partes boas que tamén teñen as novas tecnoloxías. Hoxe, pódese mercar, legalmente, que eso é algo que sempre hai que insistir (...)
Antonio Reigosa: Si, si, si.
Emilio Españadero: Legalmente, pódense merca-las músicas de calqueira parte do mundo. Iso é algo con que, co que os da diáspora non soñaron ata que se fixo agora realidade, poder ter acceso a toda a música que se facía na súa terra de orixe así de fácil, simplemente encendendo un ordenador. A ver, dos discos a xente non vive.
Antonio Reigosa: Non, xa. Dos discos solo (...)
Emilio Españadero: Dos discos, non se pode,e,e vivir porque non dá pra iso; dos concertos, son poucos, son poucos os que de verdade poden dicir (...)
Antonio Reigosa: Sigue sendo unha minoría.
Emilio Españadero: Unha minoría absoluta, de dicir, traballo nun grupo, nunha soa formación e pódome gaña-la vida. (...) Son moi contadiños, moi contadiños. Hai músicos que evidentemente, si, viven do seu traballo musical pero compaxinando, compaxinando entre varias formacións, entre actuacións e clases que dan en distintos lugares, incluso,o,o a nivel de centros de ensino reglado (...)
Antonio Reigosa: Si, si.
Emilio Españadero: Pero hai que compaxinalo porque se non, non, a cousa dá pra malvivir. É o bonito tamén que ten a música de raíz, que a xente que o fai, faino de corazón, se non o fas de corazón, non o fas.
Como cuestións referenciais así de,e,e que puideran ser sorprendentes, pois evidentemente comezando polo nacemento de Fuxan, Fuxan os ventos foi todo un fito neste país.
Antonio Reigosa: Un fito casual, por certo.
Emilio Españadero: Casual. As casualidades ás veces dan pra cousas bonitas. Un fito casual pero que deu pra que moita xente se fixara en que se podía facer música deste país con calidade, con mensaxe e facer que a,a,a historia deste país tamén camiñara cara adiante con compromiso tamén. Outro,o,o fito pra min e,e,e o nacemento de Milladoiro. O nacemento de Milladoiro é básico tamén. É básico tamén, pero tamén no seu momento eso encamiñou a música deste país cara a un camiño instrumental. E,e,e nos, tirámonos moitos anos en que os grupos parecía que o de cantar era unha cousa, pois, mui minoritaria e,e,e era mellor facer música instrumental (...) Considerábase, considerábase que a música instrumental era máis universal aínda que, por suposto, Milladoiro cantan, eh! Cantaron e cantan.
Antonio Reigosa: Si.
Emilio Españadero: Pero,o,o digamos que se encamiñou un pouco a cuestión cara aí, xunto a eles outro, outras propostas, pero vamos dicir Milladoiro porque eu normalmente (...)
Antonio Reigosa: Si. Históricos.
Emilio Españadero: Recoñéceos como buque insignia do,o,o folk deste país e o son por merecemento, por traxectoria e por todo. E,e,e pero digamos que neses tempos encamiñouse a música deste país cara esa instrumentalidade que non era, realmente, o que era a tradición musical deste país. A tradición musical deste país era unha tradición cantada, cantada. Entón, outro punto,o,o moi forte deste país, o nacemento do movemento das cantareiras (...)
Emilio Españadero: E, aí, por suposto, está Leilía. Leilía é referencial pra todo o que aconteceu despois porque ata aí a figura,a,a venerada era a figura do gaiteiro.
Antonio Reigosa: Si, si.
Emilio Españadero: Hoxe en día segue a ser a figura venerada pero, aí, entrou a voz da muller, aí entrou toda a tradición atesourada polas mulleres e trasmitidas; todo ese patrimonio inmaterial trasmitido polas mulleres deste país que o conservaron, que o atesouraron e nolo fixeron chegar ata nós, elas foron as responsables de moitísimo diso, e aí estaba Leilía pra que iso de repente nos sorprendera a todos (...)
Antonio Reigosa: Si, si.
Emilio Españadero: E dixéramos: "Ah, e isto onde estaba?" Non estaba agochado, estaba aí.
Antonio Reigosa: Si, si.
Emilio Españadero: Estaba aí pero estaba semisilenciado. Semisilenciado. Entón, aí, ese é o outro punto moi importante. E seguindo coas voces, pois home, necesitábamos que os homes tamén cantaran, que os homes recuperaran o gosto por cantar porque había sempre,e,e, tiñamos así unha,a,a conversa co,o,os compañeiros de Euskadi que eles nos dicían: "Mandádenos ás mulleres pr'aquí que nós mandámosvos a os homes". Porque era totalmente ao revés, en Euskadi as mulleres non cantaban, de feito, Faltriqueira, outros grupos de mulleres foron colaborar alí con grupos de música de,e,e raíz vasca porque eles non tiñan mulleres que cantaran; hoxe en día, poden presumir dunhas grandes formacións, Kepa Junkera, por suposto unha aperta grandísima pra ver se se nos dá recuperado xa dunha vez que o botamos moitísimo en falta, tivo un papel fundamental niso tamén, de traballar pra que tamén houbera pandereteiras porque eles tiñan pandereteiras (...)
Antonio Reigosa: Si, si, si.
Emilio Españadero: Alí estaba Maurizia, pero non se lle daba tampouco o valor alí, e os homes alí si cantaban en cambio aquí en Galicia parecía que os homes e,e,e quedaran un pouco máis cohibidos, non querían. Foron as mulleres as primeiras en rachar o esquema, pero hoxe en día, amiguiño, recuperouse, recuperouse esa proposta coral por moitos grupos. Espero que ningún se me,e,e cabree pero Treixadura tiveron un papel tamén fundamental na recuperación dese papel da voz masculina, tamén, esa voz coral que viña dos antigos coros históricos pero que se perdera (...)
Antonio Reigosa: Si.
Emilio Españadero: Un pouco. E, hoxe en día, home, podemos contar con moitísimos grupos que volveron cantar (...)
Emilio Españadero: Que volveron meter letras ás súas pezas, algunhas populares, algunhas tradicionais e outras tamén compostas, tamén apegadas a este século XXI. Hoxe, pódemonos enorgullecer de que temos, tamén, normalizado ese aspecto da nosa música.
Autor/a da transcrición: e~xenio