Bueno, as implicaciós foi que nos que nos dimos verdadeiramente conta de que estábamos nun país estraordinario, no sentido de que, hai que pensar que a danza é a primeira das Belas Artes, está considerada a primeira das Belas Artes; o home antes de falar, bailaba, danzaba, por tanto, si a nosa riqueza a nive,e,el de espresión danzística é tan importante i é tan grande, é que estamos nun pobo marabilloso porque aquí nun recuncho do arco atlántico metidos así no mar, i con semexante riqueza,a,a bueno, nos rearfimamos na, no que xa, no que xa pensabamos nós chamábamos Galicia, pero moitísimo máis, non?
E despois descubrimos varias cousas, primeiro que que o baile galego é tan rico porque,e,e porque esistía unha unha improvisación, i entón e,e,e como moitas culturas antiguas, africanas, incluso, i de outros, doutros sitios, os o,o,o como calquer, como os animales, os animales, o,o,os os machos dos das especies son os que queren chamar a atención pa que as as femias se engaiolen deles, i o noso baile ten tanta raíz aí atrás, que un pouco vén, incluso no XIX, a ser esto tamén, no? os homes improvisaban movementos difíciles para pa lucirse diante das mozas, que as mozas o que tiñan que facer era eran as que decían si, si ou si non, que son as mulleres as que as que escollían, i todos os homes esforzábanse en en lucirse pa que elas escolleran, escolleran ou non escolleran neles. No? E,e,e entonces esto traía unha parte de improvisación mui importante, os homes iniciaban os movementos, i despois as as mulleres i os homes seguían ese movemento que iniciaba ese home. Entón, claro, é un, por eso é tan complicado, noso baile non é un baile nada fácil, perdonando outras cultura, pero non é unha sardana, ou non é, ou un baile bretón, non é eso, é un moitísimo máis espresivo i moitísimo máis difícil, i ten ese compoñente de,e,e de improvisación que é mui importante. I despois outra cousa mui importante que ten o noso baile con respecto a outros, é que ten unha coreografía de conxunto, e,e,e no resto dos sitios normalmente as coreografías de conxunto se fan cunha parexa, no? que se poñían os homes nunha ringleira e as mulleres noutra, i ten movemento de conxunto todo, no? que esto non o hai en outros sitios, no? I entonces estes dous compoñentes son os que os que fan que o baile galego sea superorixinal en este sentido, no? que non o hai en outros sitios.
Autor/a da transcrición: e~xenio