Para que,e,e, para nivelar i poñer en igualdá a pé de igualdá a nosa coas outro cas outras, a min me parece estraordinario, o que non me parece estraordinario é que se poñan as outras en valor, i a nosa quede máis abaixo, a ver, esto non me parece correcto; unha fusión fusión é como quen fai,i,i a trama dunha tea, hai, sabes? hai unhos fíos que van así, i outros que se entremezclan, eso é unha fusión como Dios manda, si,i,i si os que se ven nada máis son os alleos i os de fóra quedan tapa/ o noso queda tapado pois non me parece correcto. Pero bueno, alá cada un! Sempre respetando o que o que os artistas do país e,e,e pensen.
O que si que tamén, ao millor é un descoñecemento, no? i entonces, pa que haxa un coñecemento hai que eso, poñer os pés dos hórreos ben fortes, botarlles cemento armado e,e,e pa que o outro aguante i que se poidan, que pasen moitas cousas, que pasen moitos cousas, sempre, os artistas sempre están como nunha aprendizaxe, no? i todo vai por un camiño que a veces caes do camiño ou tropezas ou, pero todo vai, todo forma parte da,a,a hasta que chegas a esa meta final que que bueno un artista tamén se ten que encontrar a si mesmo porque si non, ti tes que facer un traballo para te encontrar, i i non sei, emerxer, no? de algunha maneira.
Eu creo que en Galicia, a tal hora, hai un montón de posibilidades i un montón de artistas de todo tipo de unha calidá estraordinaria, pero digo actores, bailadores, músicos, bueno, pintores, de todo, é que, poetas, escrito/ é que é unha unha unha unha marabilla, no? absoluta, o que pasa é que nolo temos que creer, hai que creelo, hai que saber donde estamos i,i,i i amalo, i deixar de mirar pa os de fóra i mirar para nós dentro. I desde nós dentro, había unha copla, a copla falaba de que había como un como unha voráxine interior que, boom, resplandecía nos teus ollos, no? era o final da copla. Bueno, eu creo que ese resplandecer que temos que que sacar, nolo temos que creer, i temos que,e,e que pelear polo noso porque si non, sendo nós mesmos é camo/ cando vamos a triunfar, i así, a todos os niveles artísticos, penso eu.
Autor/a da transcrición: e~xenio