Teresa dos Cucos:
Fun a Malpica pescare,
pesquei unha malpicana.
Fun a Malpica a pescare,
pesquei unha malpicana.
Se a pesquei, fixen ben.
Se a pesquei, fixen ben.
Durmo con ela na cama.
Ai la la Ai la la la ai la la ra la la
Sentiches esas cancións?
Lois Pérez: Non, non a coñecía.
Teresa dos Cucos: Arre caramba (risas). Sendo que a min Malpica...
Lois Pérez: Como dicían, como dicían esas señoras?
Teresa dos Cucos: Ai, Malpica, ‘tá o papel, un papel aí, Lucía Estere. Non, aí en baixo, en baixo. ‘Tá aí doblado. Ese é o cantar de “Malpica ten”. Ten canto hai. Ten mariñeiros e ten... Mírao, verás.
Lois Pérez: Malpica ten todo.
Teresa dos Cucos: Ten, buu, María Santisma. E se lle cortan o subministro onde vive esa, que vive aí no Ventorrillo, antes de cheghar a Malpica, non no da Coruña, no d´aquí. Que? Van ás patacas po mar abaixo.
Polo mar abaixo
vai unha raposa.
Leva o cu aberto.
Non hai quen llo cosa.
Non hai quen llo cosa.
Non hai quen llo cosa.
Polo mar abaixo
vai unha raposa.
Se vos ghusta, cantade. Eu n’a quero (risas). Eu n’a quero. A min ghústame tanto esta.
Lois Pérez: Cal é esa? A que estabas cantando agora?
Teresa dos Cucos: Non, esta é:
Unha cousa sucediu
na aghra do Espadanal.
Veu un home cun fouciño
e matou un animal.
Ghorrillas marchou pra Cores,
íbache ben apurado,
en busca de dous testigos
pra recoñece-lo daño.
Ghorrillas marchou prá Ponte,
íbache ben a correre,
en busca da Guardia Civil,
que o viñera prendere.
Chegou a Guardia Civil
preghuntando por Cancela.
“Eu non lle sei onde vai”,
así lle dixo Carmela.
Este foi un señor que matou unha ovella e despois o dono da ovella quería que lle paghara a ovella pero...
Lois Pérez: Pero...
Teresa dos Cucos: Pero non, pero non. Coplas desas hai. E hai outra que di:
Saghrada Virgen do Carmen,
o patrón é San Xoanhe.
Roubaron unha ghaliña.
Non foi raposo nin canhe.
Dixo a dona da ghaliña:
“Pártate unha centella,
que me deixou sen ghaliña
a mais doume coa chavella”.
Iba pola carretera
e contestoulle un mozo:
“Tape de modo a ghaliña
que se lle ve o pescozo”.
Cousas desas sonche de comparsas que había antes e esa tamén era dunha dunha comparsa e cousas así. Hai cantares, eu que sei? E despois di:
E cheghou o panadeiro
e díxolle a filla á nai:
“Pode coller dous moletes
que demo...”
María Ester (filla): Abandónovos.
Teresa dos Cucos: Abandónasnos? Veña, chao.
María Ester (filla): Quedan aí uns fighos. Probádeos.
Teresa dos Cucos: Vale, veña.
Lois Pérez: Chao.
Teresa dos Cucos: Así que... así cousas de comparsas. Claro que hai comparsas. E tamén en Mens decían:
Unha cousa coma ela
fáiselle ó mellor amigho.
Que nos ghusta moito o pan
e pisáronno-lo trigho.
Porque claro, se pisan o trigho, non vale para despois facere o que ten que facere.
Lois Pérez: Home claro.
Teresa dos Cucos: E coplas desas hai moitas, moitas coplas. Pero fai falla ter ahora o sentido pra elas. Non é así fácil, porqueee se te pos.
Gravación feita o 18 de outubro de 2021 en Pontella (Malpica), co financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.