Boas noites miña soghra
véñolle pedir a filla
se ma dá, séntoume un pouco
se non, marcho máis axiña
A miña filla Farruco
é mui nova pra casar
solo ten corenta anos
e pódesma destrozar
Arr[e]naghado sea el demonio
o que me di miña soghra
qu'é mui nova pra casar
xa non ten dentes nin moas
Autor/a da transcrición: e~xenio