Grupo de mulleres de Becerreá (Lugo), todas elas con grande interese pola recuperación dos sons e melodías da súa comarca, mais tamén cunha vertente lúdica de gozar coa música e tocar nas festas. Decidiron iniciarse, hai dous anos, como tocadoras de pandeira.