Eludín Cañizo Pan: Referíase a un muchacho que se chamaba Xan de Rafael de Roque. Xan de Rafael de Roque(...)Óese ben?
Antonio Reigosa: Si, si. Perfectamente.
Xan de Rafael de Roque
era mozo robusto e valente
que quixo tomar amores
con Carmen de María de San Clemente.
Ela era boa moza,
bonita como unha paloma,
cando saía a bailar
parecía unha muñeca de ghoma.
Certa noite que estaba namorando, oíulle decir a nai:
—Está quieto Xan,
onda min non te alporices
que saco o forcado do pote
e rómpoche as narices!
Levantouse a nai e estalaban os, o forcado nas costelas de Xan que era unha marabilla! E Xan marchou. Para o outro día era domingo e xa a nai saíra da misa no adro(...)Díxolle ela a Xan, Carmen:
—Hasta á noite, Xan.
—Hasta o demo que te leve,
a ti e mais á túa nai.
Que Xan de Rafael de Roque
á túa porta non vai máis.
I aí se acabou o conto.
Autor/a da transcrición: e~xenio