Manuel Pazos Redonda: Bueno, se/ segho de todo non [es]taba, pero e,e,e iba (...)
Antonio Reigosa: E tocaba o acordeón (...)
Manuel Pazos Redonda: E tocaba o acordeón. Viñera unha ves, aquí, q'era o Seghiño de Corcubión. E iba (...) E viñeran d'Estorde (...) Estorde é alí ao lado, un pouquiño antes de Sardiñeiro.
Antonio Reigosa: Ajá!
Manuel Pazos Redonda: Entonses, e,e,e vén cos d'Estorde, aquí, toda, da casa de, de,e,e dos meus familiares, alí (...) E,e,e durmiu aquí, e despoise fomos p'o Carmen de Camariñas. E,e,e eu tocaba,a,a:
Quixiera ser clavo de oro
donde colghase el candil
para tu cara hermosa
cuando te vas a dormir
Y, montada en el caballo
que está en la puerta
de aquel camino real
Pisa, mi caballo,
que está en la puerta
de aquel camino real
Pisa, mi caballo,
que está en la puerta
de aquel camino real
Antonio Reigosa: (Incomprensíbel) unha memoria p'as cancións fantástica, eh!
((Intervención dun familiar: Dille que che fixo o Seghiño de Corcubión))
Manuel Pazos Redonda: Ai, si! O,o,o o acordeón meu, o que vén de Argentina, rompinlle unha nota.
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: E entonses e,e,e (díxenllo eu) e,e,e e dixo el: "Oes, trae p'aquí. Tes unha pila dun foco?" "Teño, plana". "E,e,e tes unha lima, unha lima de, dos (serrós)
Antonio Reigosa: Si.
Manuel Pazos Redonda: "Pois traima". Trouxen p'aquí. E, botou así o ((Fai acenos)) "Dálle un pouquiño máis".
Antonio Reigosa: Había que limala logo.
Manuel Pazos Redonda: Limala. E, e volviu outra ves e (incomprensíbel) varias veces. Hasta que (incomprensíbel) quedou ben.
Antonio Reigosa: E tocaba coma,a,a coma,a,a?
Manuel Pazos Redonda: Como, coma as outras.
Antonio Reigosa: Coma antes?
Manuel Pazos Redonda: Tocaba coma antes. O que pasa é que no medio deso, e,e,e entrou, entrou o, o troco, o,o,o o cambio.
Antonio Reigosa: Ajá. E (incomprensíbel)
Manuel Pazos Redonda: Eu deille quinientas pesetas ao, ao fulano e mailo meu acordeón.
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 26 de marzo de 2018 en Merexo (Muxía), co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.