Bueno, pois entonces eu ahora heivos contar logo un conto, a min tamén os contos gustanme muito i entonces heivos contar un conto.
Este resulta de que era un cura i un sancristán, ben sabeis que antiguamente todos os curas tiñan sancristán e entonces díxolle un día o sancristán ó cura:
- Sei, sei dun niu de merlos bárbaro.
Dixo, bueno, xa sabeis que os merlos son ese páxaro máis pequeno có corvo.
Dixo bueno pois vaino vigilando que cando queiran voar dan unha merendada mui boa.
Entonces o sancristán foinos vigilando, foinos vigilando e pensou tal día como hoy: mañá vou polos, polos merlos porque senón hanme voar. Cando mañá chegou ó niu pois resulta de que claro os merlos xa non taban e dixo / e pensou el pra si: o cura que me fastidiou! Levoume os merlos. Entonces, ó día siguiente chegou pa o atrio da iglesia e o sancristán que non fumaba pero, sin embargo, ese día taba fumando. Chega pra o atrio da iglesia e chega o cura e el taba fumando e dícelle:
- Hombre, y también fumas?
E díxolle:
- Si y también jodo!
- Y con quién, con quién?
- Hai pensas que é o conto dos merlos, ou?
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro