Encontreime esta mañán
con Manoliño de...
De Lourido a Xurarantes
todo é camiño chan
de rosas e caraveles
postos pola miña man
Ai Lourido, Xurarantes
o ghaiteiro remancado nas Quebrantas
Ai Lourido, Xurarantes
o ghaiteiro remancado nas Quebrantas
Encontreime esta mañán
con Migheliño de Lira
cunha raspiña na man
que parcer percebes tiña
Autor/a da transcrición: e~xenio
Gravación feita o 26 de marzo de 2018 en Merexo (Muxía), co financiamento da Consellería de Cultura e da Deputación Provincial da Coruña.