Bueno, eu na miña parte que me tocou da historia de Ferreiravella quedoume algo que os de aquí de Ferreiravella seguro que o saben, pero a xente que está aquí ((tuse e pide perdón)) non o sabe. Aquí, en Ferreiravella, concretamente no Mazo, houbo un señor chamado José Echevarría, que non tiña nada que ver con esta familia de Echevarría que está aí no mazo. Este señor está enterrado en París i este señor construiu un tanque que o utilizaron os ingleses na segunda guerra mundial. Este señor todavía ten unha neta que está na Argentina. A información que eu tou transmitíndovos a todos vosoutros aquí deuma un periodista de Lugo chamado Juan Soto, que parte da xente que té aquí temos a, a, o orgullo de conocelo. I esta era a miña parte da historia de Ferreiravella que no principio me quedou pero non quería eu que esta reunión se terminara sin que a xente que non é de aquí de Ferreiravella pois conocera esa parte, se fora sin conocela. Esa é a miña...
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro