Mui boas tardes. Eu, tamén como Aníbal, quero agradecer que nos invitárades, que nos convidáredes por estar aquí. I tamén como Aníbal tamén me vou facendo vella porque cando oeo falar todas estas cousas (...) Tíñamos que facer cenas de lareiras, sin televisión, i que cada un contara cousas. Creo que había que recuperar un pouco, e ter convidados i cenas de lareira. I, así, contábamos estas cousas e que non se vaian perdendo. A min gustaríamo facelo, i creo que algún día, intentareiro.
I, estoume facendo vella porque todos estes contaban cousas, pero eu teño unha anédota que, ao millor, ninguén dos que está aquí a facía. Na miña casa, tíñamos a sorte de ter unha planta de luz nove viciños i, con oito anos, mandábame miña nai que fora encende-la luz, i á luz había que darlle con un trebello pa subir, había que subir non sei que (...) Había que abrirlle a auga enriba e aparta-las pedras e tal, tal i había que darlle con un trebello (...) Como era tan pequena, non sabía si o trebello subía ou baixaba. Si baixaba, desmontábase todo e tiñan qu'ir tres homes pasa-la noite alí arreglando no trebello. Entonces, eu poñía o dedo, i entonces sabía, si subía manchábame o dedo p'arriba. Si non me manchaba o dedo p'arriba tiña que cambiar de dirección pa poder encende-la luz. Pero, máis dunha vez creo que desbaratei o trebello e tiñan que ir a traballar de noite.
I, i tiña un pai que facía de todo. Desde a matanza (...) Cando veu a luz, faci/ poñía enchufes, bombillas e chaves, qu'era o único que se poñía. Cando veu a luz, non se poñía outra cousa. Era zapateiro, era carteiro. Pa, pa conquistar a miña nai fíxolle unhas sandalias e as dúas eran do mismo pé (...) porque tiña dezasete anos, estaba empezando i fíxolle as dúas do mismo pé. Entonces, cun pé andaba ben, pero co outro non podía. Facía as botas dos guardias i todas estas cousas. I, i facía, pois, infinidade de cousas máis: daba as inyecións, daba (...) facía de vetirinario, sácaballe o grau aos cochos, bueno, facía de todo. Entonces, cando estaba facendo algo, chegaba alguien e dicía: "Ai, si me poideras vir...!" E xa desaparecía e xa non volvía hasta media tarde. Si. Recordamos moitas anédotas, e facíanse moitas cousas.
I agora o do cocho, tamén o recordo porque veu un veterinario novo de Valladolí, i a veciña decíalle: "Ténlleme que sacar o grau que se non, o cocho mórreme, coa penicilina soa non vale!" I, o veterinario non sabía o qu'era o grau do cocho. I, entonces, mandoulle chamar a meu pai, que vivía ao lado, i desde aquela cando iba e lle vía o grau ao cocho, dicía: "Que veña Armando!"
Así que todos temos historias, anédotas i todo.
Autor/a da transcrición: e~xenio