Tamén me gusta e,e,e a música, semp/ fun sempre un músico frustrado, e débeme de vir porque na miña familia, na familia de miña mai que vén de Abadín, de Aldixe, Espiñarcao, había un cego que tocaba o violín, e un parente,e,e meu tocáballe o,o,o a caixa, tiña unha caixa. E vivían, iban por Mondoñedo, Mondañedo, e,e,e todo pola comarca (...) entonces dábanlles, daquela eran perrós, patacós, perrós e mais lá e cousas así para, para tirar.
Había outro señor, por Fraiás e,e,e Aldixe, Cego de Aldixe que despois foise pra Coruña. Ese, escoiteino, meus, meus pais escoitárono, eu escoiteino nunha gravación. Tiña unha gravación moi bonita. Eu teño unha gran predileción polos cegos, e os cegos que tocaban instrumentos e cantaban.
E,e,e son un,n,n un músico frustado porque quixen aprender a tocar violín pero para eso hai que ter profesor, hai que ir a conservatorio e,e,e pero gosto moito deso.
Autor/a da transcrición: e~xenio